viernes, 7 de agosto de 2015

Apuntes sobre o cloro

O cloro é un produto químico relativamente barato e amplamente dispoñible que, cando se disolve en auga limpa en cantidade abondo, destrúe maioría dos organismos causantes de enfermidades, sen poñer en perigo as persoas. 

Non obstante, o cloro consúmese á medida que os organismos destrúense. Se se engade suficiente cloro, quedará un pouco na auga logo de que se eliminen todos os organismos; chámaselle cloro libre

O cloro libre permanece na auga ata perderse no mundo exterior ou ata se usar para contrarrestar unha nova contaminación.

Por esta razón, se se analiza a auga e encóntrase que aínda existe cloro libre nela, compróbase que a maioría dos organismos perigosos xa foron eliminados da auga e, polo tanto, é seguro consumila. A este procedemento coñecémolo como medición do cloro residual. A medida do cloro residual nunha subministración de auga é un método simple pero importante para revisar se a auga que se subministra é segura para beber.



Os aparatos de medición so poden determinar:

·         Cloro total
·         Cloro residual libre.

Polo tanto para calcular o cloro combinado:

Cloro combinado= Cloro total – cloro residual libre.


Custa un pouco entender que é o cloro total, cloro residual libre, cloro residual combinado. Poñamos o exemplo dunha piscina para entendelo dun xeito coloquial.


Cloro libre
O cloro libre é cloro que está dispoñible para mesturarse con contaminantes na auga desinfectando e esterilizando a auga. O cloro que se agrega a unha piscina é cloro "libre" porque aínda non se uniu a nitratos, amoníaco ou outros compostos da auga sucia da piscina.

Cloro combinado
O cloro combinado é o cloro despois de mesturarse con contaminantes. Neste estado xa non pode seguir co seu efecto desinfectante. Fixo o seu traballo e debe esperar a que o cloro adicional chegue para seguir desinfectando a auga. Este cloro combinado, chamado cloraminas, é o que lle dá ás piscinas de natación o seu característico olor a cloro. Aínda que a xente pensa que esta condición está causada por moito cloro, en realidade significa que non hai cloro abondo, de acordo co escritor de PoolSpa, David Dickman.

Cloro total
O cloro total é a cantidade total de cloro na piscina, isto é, a suma do cloro libre e o cloro combinado que sostén a terra, o aceite e outros compostos que fan que a auga estea sucia e ula mal. A medida que se usa o cloro libre e se mestura con contaminantes, debese agregar máis cloro.



Cal é a concentración máxima de cloro residual en auga de consumo humano?
No Real Decreto 140/2003 (auga de consumo humano), na táboa C do Anexo I, fíxase a concentración máxima de cloro residual combinado que deben ter as augas de consumo humano.

Establécese que a concentración de cloro combinado residual non debe superar 2 mg/l e o cloro libre residual non debe superar 1 mg/l.




Para seguir entendendo as diferentes "formas" do cloro podemos seguir pensando na nosa piscina e preguntarnos : Por que ule a piscina?

Se unha piscina ule a cloro é porque a auga se está a desinfectar. O cloro, que é un produto moi activo, reacciona cos contaminantes achegados á auga polos bañistas para destruílos. Son estas reaccións as que provocan ese característico "olor a cloro" que ás veces se nota nas piscinas, sobre todo se están cubertas, e que pode ser molesto. Se non houbese contaminantes na auga, o olor sería practicamente inapreciable.

Cando se engade cloro, este purifica a auga ao destruír a estrutura celular dos organismos, o cal os elimina. Non obstante, este proceso só funciona se o cloro entra en contacto directo cos organismos. Se a auga contén lama, as bacterias pódense esconder dentro deste e non son alcanzadas polo cloro. 
O cloro necesita certo tempo para destruír todos os organismos. En auga a unha temperatura maior de 18°C, o cloro debe estar en contacto coa auga, polo menos, durante 30 minutos. Se a auga está máis fría, o tempo de contacto débese incrementar. Por esta razón, é normal que se lle engada cloro á auga apenas se introduce no tanque de almacenamento ou nunha canalización longa de distribución, para darlle tempo a que o produto químico reaccione coa auga antes de chegar ao consumidor. A efectividade do cloro tamén se ve afectada polo pH (acidez) da auga. A cloración non é efectiva se o pH é maior de 7,2 ou menor de 6,8.





Nos seguintes videos podemos ver como se fai a medición do cloro residual libre e do cloro total para poder calcula o cloro residual combinado.

Medición cloro residual libre:


Medición cloro combinado:



No hay comentarios: