jueves, 6 de agosto de 2015

NOVO CLORIMETRO


 Dende a asociacion de traídas de augas, COXAPO, estase a traballar nun novo clorímetro que cumpra non so coa lexislación vixente senon coas necesidades das traidas.
Cada vez mais o control non so do cloro, senon do PH e a temperatura faise imprescindible para garantir a boa saude da nosa auga.
Unha das grandes ilusións desta Xunta Directiva é contar cun clorímetro con control remoto. A través dunha conexión  3G acceder aos datos do clorímetro permitindo en caso de emerxencia ( contaminación da auga, vaciado do depósito, ...) actuar coa máxima dilixencia.


Os primeiros clorímetros instalados están a dar excelentes resultados.
Por se fose pouco a través da páxina de COXAPO teremos acceso os datos e as gráficas destes datos de xeito remoto.
Lembramosvos que hoxe en día non só podemos acceder as nosas analíticas via este blog senon tamén a través da web de COXAPO e en breve (e por fin) a través do SINAC onde a traída xa leva algúns anos de alta.
Deixamosvos algunhas imaxes do novo clorímetro como avance a un artigo mais extenso.

Analizador cloro-PH-Temperatura

Clorímetro e unidade de control da placa solar

Clorimetro provisional

Control placa solar

Bomba inxeccion

Gráficas COXAPOSOFT


Listaxe datos COXAPOSOFT


Gráficas COXAPOSOFT

Control sanitario traídas augas

No hay comentarios: