viernes, 24 de julio de 2015

Medio Ambiente solicita a colaboración dos concellos da bacía Galicia-Costa para activar medidas que fomenten un uso responsable da auga


Lembra que os indicadores meteorolóxicos marcan que o verán será máis seco do habitual, polo que, a pesar de que as reservas dos encoros garanten o abastecemento á poboación, tense detectado caudais por debaixo do normal para esta época do ano
Augas de Galicia solicita a comunicación de calquera incidencia que se produza, co fin de establecer as medidas técnicas necesarias e garantir o abastecemento
O Plan de Seca da Xunta de Galicia propón a adopción deste tipo de medidas ante situacións como a que se está a rexistrar na Comunidade
Avanza que nos próximos días habilitarase a plataforma web SINA, na que os concellos poderán notificar e identificar os adversos que se rexistren
 
Santiago, 24 de xullo de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicita aos concellos que se enmarcan dentro da bacía Galicia-Costa a súa colaboración para establecer medidas necesarias, dentro do seu ámbito competencial, para levar a cabo unha labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga.
O director de Auga de Galicia, seguindo o previsto no protocolo do Plan de Seca, vén de remitir un escrito aos 165 alcaldes da Demarcación Hidrolóxica Galicia-Costa, aos que lles recorda que o pasado 10 de xullo activouse o Estado de prealerta da seca hidrolóxica, unha vez analizada a situación meteorolóxica e os niveis de auga nas bacías.
A pesar de que os encoros presentan boas reservas de auga que garanten o abastecemento a poboación, os caudais están por debaixo do habitual nesta época do ano en varios ríos debido á falta de precipitacións e unha elevada taxa de evaporación ocasionada por las altas temperaturas rexistradas no que vai de verán.


Por todo isto, Augas de Galicia insta a toda a cidadanía e aos municipios unha moderación no seu consumo da auga ante a perspectiva dun dos veráns máis secos dos últimos anos. Gonzalo Mosqueira tamén recomenda a necesidade de anticipar as medidas que se consideren precisas, no caso de que a situación de seca se vexa agravada e solicita que se traslade a Augas de Galicia calquera incidencia (indicando a parroquia, o lugar, as coordenadas UTM, características do sistema de abastecemento...), para o que se habilita un correo electrónico (planseca.augasdegalicia@xunta.es).
Na misiva tamén se avanza que nos próximos días porase en funcionamento a plataforma web SINA, que permitirá a identificación e notificación dos adversos que se rexistren, polo que se lles demanda unha persoa de contacto por cada concello, co obxectivo de habilitar e darlle o acceso correspondente.
Situación de prealerta
A Administración Hidráulica de Galicia, detectou no último mes un empeoramento significativo de varios dos indicadores que se avalían de forma continua, para determinar o estado hidrolóxico da demarcación Galicia-Costa, polo que hoxe decidiu esta activación do estado de prealerta, que supón activar os protocolos recollidos no Plan de Seca da demarcación Galicia-Costa aprobado no ano 2012.

Así, a situación de prealerta implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveles de ríos, encoros e acuíferos da demarcación Galicia-Costa, así como das posibles incidencias que se detecten. Ademais prevense medidas de concienciación da cidadanía.

No hay comentarios: