domingo, 27 de julio de 2014

Modificacion trazado tubaxe Fontiña

Dende hai alguns meses estase a realizar un estudio para a modificación da tubaxe do barrio da Fontiña.

A Fontiña abastecese de duas tubaxes que parten do Depóstio principal.
Os primeiros pasos deste proxectos foron:

  • Identificar o trazado das duas tubaxes
  • Identificar as acometidas conectadas a cada un de eles.

Esta é sen dúbida a parte máis complexa deste proxecto xa que a meirande parte dos veciños descoñecian a cal das duas tubaxes tiñan "enganchadas" as suas acometidas.
O percorrido das tubaxes tivo que ser identificada entre os datos aportados polos veciños e os técnicos que foron localizando o seu paso.

Localizadas as tubaxes o úncio xeito de coñecer onde estaba enganchada cada acometida foi realizar cortes programados de auga para facela identificación. ( A falta de tecnoloxía máis avanzada que por suposto existe pero a que non temos acceso por motivos económicos)
A día de hoxe só unha casa quedou sen identificar por imposibilidade de acceso a mesma pero que esta a piques de ser identificada.
A disposición do barrio da Fontiña, nalguns casos puntuais con acometidas en cota supeior a do Depósito que as abastece fai que calqueira modificación teña que ser plantexada con sumo cuidado e tras un veredicto favorable dos técnicos.
As duas propostas con máis posibilidades son o da realización dunha nova arqueta de reparto ou o enganche de tódalas acometidas na nova tubaxe.

Serán os técncos os que terán a ultima palabra buscando sempre un equilibrio entre economia en un abastecemento correcto a tódolos usuarios.

Unha vez máis agradecer a tódolos comuneiros da Fontiña pola sua paciencia (a sua zona e terriblemente dificultosa e é unha das que máis sufren ante calqueira dificultade de abastecemento) e pola xua disposición na búsqueda dunha solución e a sua axuda en tódalas probas realizadas.

En ocasións coma esta queda patente a importancia de coñecer ata o último recuncho da traída. Inda contando coas aportacións dos veciños as multiples modificacións sufridas pola traída,que non quedaron rexistradas, fai moi complexo a creación dun mapa real.


No hay comentarios: