domingo, 27 de julio de 2014

Estas na Auga 2014 (III)

Na xornada do 11 de xullo na Casa da Cultura de Tomiño interviron:


  • Carlos Chantrero Técnico de Augas de Galicia: Canon Auga
  • Ivan Quintana Técnico Confederación Hidrográfica Miño-Sil : Obrigas do rexistro das augas subterraneas e control de contadores
  • Carlos Ameijenda Concello Abegondo: Life Rural supplies.







O evento comezou cun recordo os homes e mulleres que fixeron posible a formación de COXAPO.

A executiva aprobou o nomeamento dos primeiros cabaleiros da auga. 
A introduccion a cargo de Andrea Pousa (El Sueño de Caliope) que coa sua incrible voz levounos de viaxe ao máxico mundo da auga.
Invitamosvos a que visitedes o facebook do grupo ou vos deleitedes coas suas voces no canle de youtube.








Un dos momentos mais emotivos foi o nomeamento de Tito como cabaleiro da auga. A figura de Tito reflexa o traballo das Xuntas Directivas das Comunidades de auga, o esforzo continuado para achegar a auga a cada un dos veciños na millor das condicións. Dende aqui un bico e unha grande aperta para Tito.
Unha vez máis nestas Xornadas hai que agradecela colaboura e o traballo de Carlos Fierro do que falabamos nunha entrada anterior.
Inda a risco de ser pesados deixamosvos novamente o enderezo da sua web:
Carlos FIerro







Tras o emotivo comenzo da útlima Xornada comezaron as intervencións dos invitados. Unha vez mais Carlos Chantrero achegounos o Canon da auga. Fixo un repaso o canon de saneamento e o canon de vertido e como estes afectan as Comunidades de Usuarios.
Como é un punto tratado en moitas ocasion remitímosvos a tódolos informes dispoñibles. E pos suposto poñemosnos a vosa disposición para calquiera dúbida que xurda sobre o tema Canon Auga.







A seguinte intervencion foi a de Ivan Quintana, técnico da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Interesante polo novedoso para moitas das traidas que viron achegarse a ese monstruo de ollos negros que parece ser as veces a confederación hidrográfica.
Se o tempo no lo permite tentaremos facer unha entrada específica sobre esta intervención pois entendemos que é sobre a que menos datos podemos atopar en internet.



Para rematar Carlos Ameijenda presentou o proxecto LIfe Rural Supplies. Invitamosvos a que visitedes a gran cantidade de información que sobre este importantísimo proxecto podedes atopar en internet: http://ruralsupplies.eu/
Unha das grande diferencias que atopamos fronte as traídas de Abegondo que participan neste proxecto é o tamaño das mesmas. Son traídas compostas en alguns casos por catro ou cinco veciños que complican notablemente a execución de traídas que cumpran cos reqisitos sanitarios e legais para garantir a salubridade da auga. 




O proxecto crece pensando en formar un grupo de traballo a nivel europeo que permite unificar esforzos e coñecementos dos pequenos abastecementos rurais.
Un dos proximos pasos e o intercambio cunha asociacion similar en Irlanda. Podedes atopar máis información na entrada que adican o tema no seu blog:
 http://ruralsupplies.eu/2014/07/18/visita-de-estudio-a-irlanda/





Para rematar proxectouse o documental elaborado por AeromediaFilms y Rouco Video “A Traída da auga” no que dous veciños (Jorge Presedo y José Vázquez) do Concello de Abegondo explican os detalles do seu pequeno abastecemento.
Deixamosvos o documental para que poidades coñecer un pouco mais deste proxecto europeo.




Un ano maís as Xornadas da auga foron un gran exito. Esperamos atoparvos nas próximas.
Dar as grazas a tódalas persoas que participaron nas Xornadas e que nos permitiron aprender un pouco máis sobre a auga dende tódolos puntos de vista.

No hay comentarios: