domingo, 27 de julio de 2014

Rehabilitación Depósito Calvario

Coma vos indicamos en moitas ocasions o estado dos Depósito da nosa Comunidade non era o debido. Pouco a pouco co esforzo de tódolos comuneiros os nosos depósitos camiñan cara o seculo XXI.




Tellado deposito principal Xullo 2008

Comezamos a andaina co Depósito Principal. Dun depósito agachado no monte e cuberto de broza pasamos a un depósito con novos materiais, cunha caseta destinada a Cloración, a instalacion de aboias que impiden o rebose da auga clorada, instalación dunha placa solar para alimentar ao clorímetro e coidando tamen a señalectica, a informacion ante posibles emerxencias e cun Plan de control e continxencias.


Vitrina no Depósito Principal



Pregamos sumo coidado coa vitrina do Depósito Principal.
A información que se expon na vitrina non é unha borma, establece os protocolos de emerxencia ante unha contaminación por cloro, a manipulación desta vitrina é un MAL PARA TODOS OS VECIÑOS.



Rehabilitación tellado Depósito



Tocaballe xa o Depósito regulador do Calvario. A sua estrcutura está profundamente dañada polas raices dos arbutos que se prantaron na parte posterior. Foi preciso reforzar a estructura e colocar unha capa de formigon e material aillante no tellado para evitar as filtracións e por ende a contaminación da nosa auga.







Novas aboias


A aboia do interior do Depósito sufriu innumerables manipulacións por mans non profesionais que provocou o seu deterioro e que non cumprise correctamente coa sua función.
Na actualidade instaláronse duas aboias, unha para cada compartimento do Depósito, que permite un control da auga que chega do Depósito Principal evitando o rebose no barrio do Calvario.




Billas para analíticas e
limpeza mans para a manipulación das instalacións



Instalación de escaleiras que permiten o acceso para a limpeza periódica do interior dos dous compartimentos.
Instalación de duas barandillas, unha no interior do Depósito para previr accidentes por caida e outro no exterior, no acceso a parte superior e igualmente para previr accidentes por caida.
Instalación de billa para a realización das analíticas.
Instalause un contador que permite continuar o traballo de control de auga enviada a cada uns dos barrios e así poder localizar as "fugas" de auga que se producen na nosa comunidade.






Obra sustitución chaves de paso e tubaxes




Modificouse todo o frontal do depósito, as antiguas chaves corroidas polo oxido deixaron paso aos novos materiais.
Para a comodidade das persoas que teñen que controlar diariamente os depósitos instalaronse os tubos de medición de altura que permiten dun so vistazo controlar a cantidade de auga dentro do dep´`osito.






Obras modificación acceso





Tamen na liña da comodidade para o seu control modificouse o acceso ao depósito que se tiña que facer pegando chimpos. Agora unas pequenas escaleiras permiten un acceso "normal".

Tamen no interior do depósito instalaronse uns pasos para poder acceder sen perigro.

Agradecer a paciencia dos veciños que sufriron e sufren a incomodidade das obras, o final e ter unhas instalacións que cumpran coa lexislación vixente pero sobre todo que permitar abastecernos de auga con calidade e respetando o medioambente.





No hay comentarios: