sábado, 15 de marzo de 2014

Lembramos: Asemblea Xeral Ordinaria

Lembrar que mañan está convocada Asemblea Xeral Ordinaria.





 CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA    




Data da reunión:                             
15/03/2014
Hora da primeira convocatoria:      
17:00
Hora da segunda convocatoria:
17:30
Lugar de reunión:                           
ESCOLA DE CHAN- L Chan, 19 Tortoreos-As Neves                                             


·         Rógase mostre o D.N.I. a entrada da Asemblea.

·         Só poden votar os titulares.  Para votar en nome do titular é imprescindible o boletín de representación asinado. Tamen nos casos de  familiares directos (esposa/a, fillos, netos, primos...) e preciso o boletín.



                        Estimado/a comuneiro/a:

            Seguindo instruccións da Sra. Presidenta da Comunidade de Usuarios, convócaselle á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA     que se celebrará no lugar, data e hora recollidos no encabezamento, conforme a  seguinte

ORDE DO DIA



  1.- Lectura da acta anterior e aprobación se procede
  2.- Lectura da memoria do 2013 e aprobación se procede
  3.- Lectura de altas e baixas e aprobación se procede
  4.- Listaxe de morosos. Prohibición do uso da auga ate a satisfacción da débeda.(Art 83.4 da Lei de Augas)
  5.- Solicitude dous novos enganches. Aprobación se procede.
  6.- Proposta configuración de zonas. Aprobación se procede.
  7.- Proposta organización actividade cos alumnos do CEIP Marquesa do Pazo da Mercede
  8.- Información conversas co Servicio Oral da Deputación de Pontevedra. Cobro recibos da          CUTL co formato "Encomenda de xestión".
  9.- Información reunión da Executiva de Coxapo na Casa da auga de Vide
10.- Información novo Depósito Concello de As Neves
11.- Información renovación da Concesión de auga da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
12.- Presentación COXAPOGEST. Novo software xestión da  CUTL
13.- Candidatura e elección: Vicepresidente/a e Vogal
14.- Estado de Contas e aprobación se procede
15.- Orzamento 2014. Aprobación se procede
16.- Rogos e preguntas
Publicar un comentario