domingo, 23 de febrero de 2014

Executiva COXAPO en Salceda de Caselas



 Este domingo 22 de febreiro convocouse a Executiva de Coxapo no concello de Salceda de Caselas.

Recordar que o feito de rotar a celebración das executivas polos distintos concellos pretende achegar Coxapo a todas as traídas e aos usuarios.





Nesta ocasión agradecer ás traídas de Salceda a organización do evento e ao seu alcalde D Marcos Besada e a D Cándido Lorenzo González concelleiro de medio rural, participación veciñal e medioambiente a súa asistencia.
Como na anterior executiva recordouse a importancia de coñecer o novo Plan Hidrolóxico, actualmente en fase de consulta pública: http:/www.chminosil.es

  
A ficha 14 centrou parte da exposición: Abastecemento urbano e á poboación dispersa, e polo tanto os caudais ecolóxicos.

O 7 de febreiro acudiuse á presentación dos estudos para a determinación dos caudais ecolóxicos nas masas de auga da categoría rio organizada por augas de Galicia.
 Así mesmo o presidente informou da Xornada de formación realizada en Estás coa asistencia de 15 traídas para familiarizarse co novo software de Coxapo: COXAPOGEST. A xornada foi o inicio dunha serie de cursos de formación que permitirán ás traídas coñecer a fondo o programa que permitirá xestionar as traídas pero ademais achegará aos comuneros todos os datos das súas acometidas.
 
Un dos apartados deste novo software é a xestión do xurado. Unha das traídas de Coxapo realizou a primeira intervención do xurado co novo protocolo resultando todo un éxito pola transparencia do proceso, a claridade e efectividade.

O traballo realizado deu novamente os seus froitos permitindo que dun modo sinxelo as traídas poidamos cumprir coa lexislación actual e situarnos no SXXI a todos os niveis.

 
Nesta liña recordouse a necesidade de realizar as analíticas para garantir a calidade da auga das traídas. Mostrouse como calquera cidadán a través da web de Coxapo pode comprobar o estado da auga.
 
Co novo ano infórmase dos novos prezos das analíticas aproveitando para recordar a todas as traídas que acheguen aquelas necesidades que afrontadas de modo conxunto terán solucións máis efectivas e económicas, invitando a presentar aqueles presupostos que permitan á asociación ter os mellores servizos aos mellores prezos.
A executiva de Coxapo decidiu que era o momento de dar unha imaxe "corporativa" á asociación. Para iso encargouse a D Francisco a busca de diferentes alternativas que propuxo á executiva dando esta a aprobación para comezar esta andaina de renovación da nosa imaxe.

Tras finalizar a executiva realizouse unha reunión informativa para facer chegar a información fundamental sobre Coxapo, a xestión da auga, o canon...una vez máis achegar a información a todas as traídas, aos comuneros. Deste xeito nun debate aberto intercambiar ideas e opinións e axudar aos representantes de zona á hora de achegar ás traídas cual é a senda a seguir para evitar unha morte segura.


As traídas que sigan ancoradas no século pasado permitirán coa súa inmobilidade unha segura desaparición.

Podemos encontrar moitos exemplos, algúns de grande actualidade, de como a xestión da auga pasa ás mans dunha entidade privada. Como ben recordaba o presidente de Coxapo, as traídas son entidades de dereito público, non entidades privadas. Unha boa xestión dunha traída permite aos veciños contar con auga de calidade impedindo que se converta nun negocio, no negocio do ouro azul.


Coxapo permite ás traídas obter o maior rendemento ao tempo que os directivos das traídas poden investir. Nunca nos cansaremos de repetir que cando se percorre un camiño en equipo, cando se realiza calquera actividade en equipo se pode obter un maior rendemento, mellores resultados que cando se fai en solitario.

O alcalde de Salceda realizou unha presentación do Consorcio para a Xestión do ciclo urbano da auga do Louro. Tras facer unha descrición da penosa situación na que se encontraba "a auga" no concello de Salceda expuxo o camiño seguido ata a consecución deste Consorcio.



 

Marcos Besada explicou que co consorcio se pretende realizar un servizo integral que implique a garantía ambiental para o Louro non só coa xestión do saneamento senón cun sistema de inspección máis rigoroso das verteduras das industrias.

É un proxecto que agrupa a catro concellos: Salceda, Mos, Porriño e Tui. Trátase dun servizo integral do ciclo da auga: garantir calidade da auga, saneamimiento, depuración, xestión económica sostible, atención directa ao cidadán...

Para aqueles que descoñecen este proxecto e por non nos estender explicando o alcance deste indicarvos que podedes encontrar información: 
 


Á espera das vosas achegas entendemos que este modo de realizar as executivas permitiu:
  • Achegar a executiva a traídas e comuneros
  • Permite fluidez de información en ambas as dúas direccións, dende a executiva e cara á executiva.
  • Ábrense novas canles de comunicacións cos Concellos e os seus representantes.


SALCEDA DE CASELAS

Outra das vantaxes deste percorrido polos diferentes Concellos é que nos permite coñecer novos lugares.

Na páxina web do Concello de Salceda podemos encontrar diferentes lugares que podeis visitar:

· En canto a turismo cultural podemos visitar: Os Pazos de Avalle, Pegullal ou a Casa Grande de Picoña.Cruceiro de Souto Maceira, Cruceiro de Fonte da Pedra, Peto de ánimas de Santo Tomé de Parderrubias

· Se vos decantades por percorrer os seus sendeiros tamén dende a web do concello podedes encontrar diferentes alternativas a cada cual mellor: Ruta dos Montes de San Cibrán, Sendeiro Aguin, Senda dos Humedais, Senda Muiños do Río Caselas, Ruta montes de san cibran, calquera deles vos fará perder a imaxe de Salceda como cidade dormitorio.

· Para finalizar un video de Salceda





No hay comentarios: