sábado, 30 de marzo de 2013

INGRESO RECIBOS

Unha vez máis lembrar que cando se fai un ingreso na conta da comunidade para pagar un recibo é moi importante que ese ingreso quede ben EXPLICADO.

Cando comprobamos os ingresos na conta de Novagalicia Banco da Comunidade o único dato que temos para saber que recibo está pagado é o que se indique no campo CONCEPTO.

Se cando vamos a pagar  o nome que se pon é o da persona que vai a pagar e esa persona NON É O TITULAR da acometida TEMOS UN PROBLEMA.

Non coñecemos a tódolos familiares, veciños e amigos dos comuneiros. Se o meu veciño vai a pagar o meu recibo e pon o seu nome será imposible adiviñar que pagou.

Unha vez máis, cando paguemos un recibo indiquemos ALGÚN DATO DA ACOMETIDA:


  • o TITULAR
  • ou o ENDEREZO
  • ou a REFERENCIA
A estas alturas xa temos dous recibos que descoñecemos que pagan.

Por favor para evitar LISTAXES DE MOROSOS INCORRECTAS indicade sempre algún dato que identifique a acometida

Moitísimas gracias !!!!!

No hay comentarios: