domingo, 24 de marzo de 2013

LIMPEZA ARQUETAS e MANANCIAIS

 Como é necesario procedeuse a limpeza dos mananciais, das Minas dos Coellos.... cunha previsión de facelo semestralmente para evitar perdas innecesarias de auga e mantela  nas mellores condicions.
Este ano de grande choivas provoca moitos movementos de auga e terra que fai necesario coma sempre coidar dos nosos mananciais.


Lóxicamente queda pendente unha limpeza da superficie moito máis detida.
A marcaxe de arquetas realizada en anos anteriores precisa dunha renovación pois a choiva e o sol eliminaron parte da numeración.
Espectacular a mina dos coellos, paredes zumegando auga en un regato limpo e cristalino. 
Pendente nas nosas mentes esa subida ao monte para que todos poidamos disfrutar dunha xornada lúdica pero formativa onde participen tódolos comuneiros, os que xa  coñecen os mananciais para escoitalos seus consellos e os que non o coñecen para que poidan disfrutar desta maravilla que temos nas nosas mans.
Deixamosvos unhas imaxes inda que nestes casos a limpeza e interna, retirar pedras, terra, raices,...







No hay comentarios: