domingo, 1 de julio de 2012

A Xunta denuncia unha captación e cobra o canon

Moitas veces insistimos na necesidade de cumprir estrictamente coa lexislación para non atoparmos con problemas.
Os artigos da lei que refiere o documento da Xunta( o final do artigo) son:

a) Las acciones u omisiones que causen daño a las aguas superficiales, subterráneas, de transición o costeras y a los demás bienes del dominio público hidráulico, siempre y cuando la valoración del daño no supere los 15.000 euros.
 
c) La captación de aguas superficiales o subterráneas sin la correspondiente concesión o autorización cuando sea precisa, así como la realización de trabajos o mantenimiento por cualquier medio que haga presumir la realización o continuación de la captación de dichas aguas.


 Sempre insistimos na necesidade de deixar constancia por escrito de cada procedemento.
Isto é un exemplo de que a Administración cumpre estrictamente coa Lei.

O Sindicato Labrego Galego e a veciñanza inician unha campaña en Rois para denunciar o cobro do canon da auga ás traídas veciñais e aos pozos do rural

21 de Xaneiro do 2012
Asemblea Rois
O Sindicato Labrego Galego escolleu Rois para iniciar hoxe, 21 de xaneiro, unha campaña de denuncia e desobediencia civil contra o cobro do canon da auga a traídas veciñais e pozos do medio rural, unha campaña que ten como fin última esixir a derrogación da Lei de Augas de Galicia, que é a que posibilita que se nos estea cobrando polo dereito a beber e, polo tanto, polo dereito a vivir.
O SLG elixiu Rois porque dunha das súas parroquias veu unha das primeiras denuncias de cobro do canon da auga dos que se ten constancia; un canon que, con toda probabilidade, se está a cobrar en toda Galiza. O caso concreto que nos ocupa ten que ver cun núcleo rural de sete vivendas que, no ano 1968, acometeron unha traída de auga custeada integramente pola veciñanza e mantida por ela até hoxe, sen ningún apoio da Administración. A pesares de que o conselleiro de Medio Ambiente prometera, o 9 de febreiro de 2011 e diante do Parlamento de Galicia, que o canon da auga non se cobraría a este tipo de infraestruturas; nesta aldea de Rois notificáronlles un cobro de 499’02 € en concepto de canon da auga correspondente ao período que vai dende a aprobación da Lei de Augas (decembro de 2010) até o 30 de agosto de 2011 (achégase con este comunicado o documento orixinal de notificación do cobro, no que se borraron os nomes das persoas afectadas).
 
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, aproveitou o acto de denuncia en Rois para anunciar que esta organización agraria, a proposta dos veciños e veciñas da comarca do Sar, vai comezar unha campaña en toda Galiza para recompilar sinaturas contra a Lei de Augas e para denunciar e recorrer todos os cobros do canon que se estean a facer no medio rural galego; así como para desenmascarar as falsas promesas e verdadeiras intencións da Xunta, que sempre negou que se fose cobrar o canon da auga a traídas veciñais e pozos particulares.
O Sindicato Labrego Galego considera un abuso en toda regra que se lles cobre o canon da auga a aquelas vivendas que se tiveron que custear con fondos propios un servizo que a Administración nunca lles prestou. Que, ademais, dende Augas de Galicia e dende a Consellaría de Medio Ambiente se estea mentindo constantemente ao negar o cobro do canon da auga no rural, tanto á cidadanía como ao propio Parlamento de Galicia, é unha burla e un insulto ao pobo galego. Para o SLG, a Lei de Augas mercantiliza e privatiza o dereito sobre un ben fundamental e indispensable para a vida como é a auga, e seguirá mantendo a súa posición de esixir a derrogación deste texto legal.




Asemblea Rois

Cobro canon 1 Cobro canon 2

No hay comentarios: