lunes, 16 de enero de 2012

URXENTE CORTES DE AUGA

Pedimos a colaboración de aqueles que ledes este blog ou o facebook para que o boca a boca axude a comunicar a tódolos veciños os cortes de auga. 
Pola nosa parte enviarase un mail a tódolos usuarios que o facilitaron así como colocaranse carteis nas vitrinas como e costume. Nestes casos ponse de manifesto a utilidade desta ferramenta que é internet. Aqueles que queiran comunicar o seu email para que en casos coma estes lles chegue a información en canto se produce lembramoslles que nolo fagan chega a : comunidadaguas@gmail.com


E preciso facer a limpeza do Depósito Principal. Tratamos de esperar o maior tempo posible para non baleirar o depósito cheo de auga do Concello, pero chegadas estas datas xa e IMPRESCINDIBLE LIMPIALO.
Subsanaranse ademais os erros nas tubaxes que impiden que en épocas de gran consumo a auga saia correctamente do depósito.
Por outra banda sustituiranse as chaves de paso que están literalmente PODRES.
Coma sempre unha vez rematada a obra colgaremos as imaxes do antes e o dispois.
Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión ante estes incómodos cortes de auga.
Pego o cartel que toparedes nas vitrinas.

URXENTE:
CORTES DE AUGA


Vai procederse a:

        Limpeza depósito principal
        Cambio chaves tubaxes depósito principal
        Colocación correcta tubaxes

Por este motivo os próximos días 17, 18, 19 produciranse cortes de auga.

Perdoen as molestias, non é posible precisar os horarios de corte pois dependerá das necesidades dos técnicos.

Pregámoslles prudencia no consumo da auga xa que ao ter que baleirar o depósito principal é necesaria a colaboración xeral para que todos teñamos polo menos un chisco de auga.

Como sempre estamos á súa disposición:

     Tfno: 986293694

As Neves, 16 xaneiro de 2012

No hay comentarios: