lunes, 23 de enero de 2012

A CAN FRACO TODO SON PULGAS


Despois destas terribles xornadas fundamentalmente para os barrios de Rabelo- Fontiña- Vilanova-Campiño- Coto produciuse unha nova incidencia.
A arqueta do manancial principal atascouse provocando un descenso no caudal da auga proveniente dos mananciais.
Por suposto xa nos puxemos en marcha para recuperar cando antes este caudal que non están os tempos para perder nin unha soa gota de auga
Tal como se indicou cando todo estea resolto e por iso teñamos un minuto libre subiremos as imaxes e a explicación de como se realizaron as obras.
Unha vez máis e aínda que como se lle indicaba a un comunero nestes casos as desculpas saben a moi pouco: DESCULPAS.

No hay comentarios: