lunes, 5 de diciembre de 2011

BOIA DO CALVARIO

Depósito do Calvario
A boia do depósito do Calvario foi retirada hai uns anos provocando que cada vez que "sobraba" auga esta rebordase no devandito depósito.
A lexislación, cuxa máxima poderiamos resumir de modo coloquial como: "auga que non has de beber se a tomas da natureza a ela a deberás devolver", obriga a que calquera rebordeo que se produza deba devolverse ao lugar de onde foi tomada.
No noso caso o devandito rebordeo prodúcese no Depósito Principal.
Para evitar o rebordeo no Calvario volveuse instalar a boia que no seu día existía.
De momento séguese bombeando auga do Concello. É necesario vixiar continuamente o Depósito Principal para evitar o mencionado rebordeo  ata o momento en que sexa posible colocar unha boia para evitar a entrada de auga do Concello.
Agradecemos profundamente que se algún comunero observa o devandito rebordeo antes que os membros da Xunta Directiva (que realizan un seguimento diario) avise de inmediato: 986.293694 para deter o abastecemento do Concello.

En canto dito abastecemento finalice (cando os mananciais se recuperen) realizarase a obra no Depósito Principal que se avisará convenientemente xa que supoñerá o corte de auga pois é necesario baleiralo para realizar a súa limpeza.

No hay comentarios: