lunes, 5 de diciembre de 2011

TRÍPTICO: CANON, SANIDADE, RENOVACIÓN CONCESIÓN,...


Co recibo da derrama enviouse un tríptico con información sobre os temas prioritarios para a traída.
Dito tríptico está accesible na seguinte dirección para a sua descarga:

CANON DE AUGA
A aprobación do regulamento que regulará a nova lei de augas sufriu un atraso pero segundo todas as informacións entrará en vigor o próximo ano e a Comunidade debe estar preparada para poder cumprir con esta lexislación.


SANIDADE

A Xunta Directiva sempre realizou as analíticas para garantir a calidade da auga pero chegou o momento de cumprir ESTRITAMENTE coa lexislación vixente que esixe un número determinado de análises e en diferentes zonas (Depósitos, billas, rede de abastecemento) e a suba destas análises á páxina do SINAC.
 Nestes momentos estase a proceder á alta da zona de abastecemento e dos usuarios para poder realizar a devandita suba.

O laboratorio Lema-Bandín, que conta coas certificacións necesarias para que as análises teñan validez legal, xa presentou á Comunidade a axenda de analíticas para comezar a realizalas a partir de xaneiro- 2012. Por ser a Comunidade socio da COXAPO as devanditas analíticas terán un prezo especial

CENSO

Outra das prioridades da Xunta Directiva foi a creación dun Censo da Comunidade. A entrada en vigor da nova lexislación autonómica sobre a auga e a próxima renovación da concesión poñen de manifesto a necesidade de normalizar o devandito censo:

- O titular dunha acometida non pode ser "Herederos de... "ou unha persoa falecida
- A acometida debe ser para USOS DOMÉSTICOS. Unha vivenda NON PODE CONTAR CON DÚAS ACOMETIDAS.

Na próxima lectura de contadores que se realizará a partir do 05 de decembro de 2011 tratarase de informar persoalmente os afectados polos puntos anteriores. De calquera modo ten á súa disposición a Secretaría da Comunidade para buscar solucións ás devanditas situacións.


ALTAS, BAIXAS E CAMBIOS DE TITULARIDADE.

Seguindo as citas populares: "ONDE HAI PAPEIS CALAN PALABRAS" unha das máximas da comunidade nos últimos tempos é que a traída sexa igual para todos os comuneros e queden rexistradas tódalas actuacións.
 Ata fai ben pouco calquera cambio de titularidade, alta ou baixa da comunidade facíase sen seguir un protocolo o que provocou diferentes problemas. Actualmente calquera alta, baixa ou cambio de titularidade precisa da apertura dun expediente administrativo e sempre é a Asemblea de Comuneros a que ten a última palabra
É requisito INDISPENSABLE para calquera destas xestións o cumprimento da lexislación vixente.


RENOVACIÓN CONCESIÓN CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL

 É necesario comezar o proceso de renovación da concesión da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pois debemos recordar que a auga NON É PROPIEDADE da Comunidade. A confederación concedeu ata 2016 o aproveitamento de oito (8) mananciais á Comunidade de usuarios de Tortoreos-Liñares
Renovar a devandita concesión só será posible se a Comunidade cumpre a todos os niveis coa lexislación vixente

No hay comentarios: