martes, 25 de octubre de 2011

Asemblea COXAPO (Asociación Traídas de Augas)


O pasado sábado 22 de outubro celebrouse unha nova asemblea de COXAPO ( Asociación Comunidade Xeral de Augas de Galicia) no Auditorio de Goián.
Antes da Asemblea C.Lamas dos Laboratorios Lema y Bandín deu unha charla sobre o cumprimento do  Real Decreto 140/2003, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

A meirande parte das comunidades de usuarios vixían de cerca a calidade das súas augas facendo as pertinentes analíticas e tratándoas para previr posibles alteracións pero tamen e certo que non rematan o proceso administrativo o non facer chegar estas analíticas ao SINAC.

O SINAC é o sistema de información nacional de augas de consumo. O seu funcionamento é a través de internet de tal xeito que as entidades subministradoras de auga fan chegar a este servizo os resultados das analíticas e os ciudadáns poden consultalos para ter completa seguridade da potabilidade das súas augas.
Nalgúns casos as análises fanse en laboratorios que non teñen o recoñecemento necesario.
Dende COXAPO facilitase as traídas o acceso aos laboratorios acreditados e obviamente con prezos especiais para os asociados.
O cumprimento da lexislación vixente non suporá  para as traídas un importante desembolso económico. Unha vez máis é unha cuestión de actitude: levar as traídas o século XXI ou deixalas ancoradas no pasado.

Na asemblea refrendouse unha vez máis a postura das Comunidades asociadas fronte o canon.
As traídas convertiranse en entidades subministradoras e pagarán o canon escollendo o sistema de estimación obxectiva. Este sistema lles permitirá liquidar o canon unha vez o ano e cunha taxa fixa para tódolos comuneiros, independentemente da auga consumida.
Aquelas traídas nas que a ETAP é xestionada polo concello non terán que pagar coeficiente de vertido (ningún dos Concellos do Condado-Paradanta ten unha ETAP xestionada pola Xunta).
O custo para unha familia coa estimación obxectiva (3 membros e un consumo mensual de 18 m3) queda reflectido na seguinte taboa:
Fai clic sobre a taboa para aumentar o tamaño

A morosidade non suporá un problema posto que será Augas de Galicia a encargada do procedemento de prema.

Outro dos temas tratados na asemblea foi o das renovacións das concesións dependentes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e as dificultades e solución atopadas.
Ata o momento a postura das traídas é a do diálogo coa Confederación para lograr que o proceso de renovación se axuste á lei asi coma encontrar na Hidrográfica un colaborador e non un obstáculo.
A asemblea rematou cunha rolda de preguntas onde os participantes solventaron dudas sobre a xestión administrativa das traídas, o canon ou os procesos sanitarios.
En canto as Comunidades do Condado-Parandanta, á Comunidade de Tortoreos-Liñares uníronselle, nesta andaina na COXAPO, as Comunidades de Setados e San Xosé de Ribarteme en As Neves e Lira no Concello de Salvaterra de Miño.

No hay comentarios: