viernes, 19 de agosto de 2011

Camiño das Fontes 2011

 AVISO CAMIÑO DAS FONTES.

Compartimos con vos o anuncio recibido do camipo das Fontes.

Estimados e estimadas amigas.

Este Domingo dia 21 de agosto celebramos a segunda edición do "Camiño das Fontes", unha andaina con música pola parroquia de Tortoreos (as Neves), recorrendo moitas das súas fontes e
rematando cun xantar na carballeira de Santa Mariña.
Xuntámonos ás 9:00hs da mañán na Fonte da Mangarela, no lugar co Campìño (á beira do "colexio da monxas", actualmente EFA), para continuar o percorrido, con música de gaiteiros/as, por un total de 12 fontes, nas que as veciñas e viciños dos lugares e barrios do arredor nos suelen sorprender con adornos e convites. Así andando e detendonos, recorremos sete quilometros e medio en mais ou menos catro horas divertidas e estimulantes.

Na carballeira (area recreativa) de Santa Mariña (ao lado do Rio Miño) celebraremos o "xantar de Santa Mariña, cada quen coa sua comidiña", onde tamén se ofrece a posibilidade de
comer polvo e carne ó caldeiro a prezos populares.
Durante a tarde mais música e xogos para nenas e nenos completan a xornada.

No hay comentarios: