jueves, 30 de septiembre de 2010

O Camiño das Fontes


Esta primeira Edición do Camiño das Fontes foi en palabras de moitos dos nosos comuneiros todo un éxito.
Cada zona colaborou dispoñendo as fontes ben fermosas e dando un bo xantar a tódolos que chegaban.
Ogalla esta sexa a primeira de moitas edicións, ideas sobran que xa hai quen fala de ir variando o percorrido cada ano para que tódolos veciños podan engalanar a sua fonte  e dar de beber e comer os camiñantes.


Noraboa os que traballastes arreo para levalo a cabo e noraboa a tódolos que participastedes.Deixamos unhas fotos que nos facilitaron os compañeiros da Asociación Cultural e Deportiva "Coto da Cividade" asemade o Comunicado que enviaron a prensa.Graciñas.
O dito xa estamos esperando a do ano que ven.
Noraboa a todos.


Fonte A Venda
Baixando a Fonte da Venda
Publicar un comentario