domingo, 12 de marzo de 2017

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O vindeiro sábado 25 de marzo convocase Asemblea Xeral ordinaria.
Adxuntamos convocatoria coa orde do día.
Coma sempre animámosvos  a que acudades. As ideas, propostas, a axuda de todolos comuneiros e vital para conseguir un mellor funcionamento da nosa comunidade.


Data da reunión:                             
25/03/2017
Hora da primeira convocatoria:      
17:00
Hora da segunda convocatoria:
17:30
Lugar de reunión:                           
ESCOLA DE CHAN- L Chan, 19 Tortoreos-As Neves                                             





domingo, 29 de xaneiro de 2017

Asemblea COXAPO 28/01/2017

Mesa preparada

Onte as traidas reunironse en Asemblea Xeral no Auditorio de Goian- Tomiño.
Cada ano a asociación trata de mellorar o seu funcionamento. Este ano mellorouse o aceso a asemblea das COmunidades.
Cada representante recibia a sua identificacion así como as carulinas que dan dereito a voto en función do número de usuarios de cada traída.





Repasando instrucións de rexistro asistentes


Os representantes de cada zona foron os encargados de coordinar esta entrada con todo o material que prepararon as técnicas de COXAPO: Caridad, Lucia e Tamara. Excelente o traballo realizado polo persoal da oficiña que estan a der unha adicación impresionante, desas que non se poden pagar con cartos.



 

luns, 23 de xaneiro de 2017

SUBVENCION PARA AS COMUNIDADES DE AUGAS

A Xunta de Galicia ven de publicar unha nova subvención para as comunidades de augas. Podedes atopar toda a información na web da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=487A&procedemento=PR487A

Os cambios máis importantes desta convocatoria son:


  • Presentación telemática:
          E preciso ter a chave 365 ou un certificado CERES
  • Importe: 12.000 € para obras - 5000 € equipamento
Os socios de COXAPO podedes solicitar axuda para a presentación a oficina é aqueles que non o sodes tendes a nosa traída a vosa disposición para informarvos ben sobre a subvención ben sobre como pertencer a Asociación e asó contar con información e axuda inmediata.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=487A&procedemento=PR487A






domingo, 2 de outubro de 2016

Subvencion Xunta Galicia Forrado Depósito Principal

Todos sabemos que a nosa traida precisa de importantes arranxos. Un de eles é a mellora dos depósitos. En concreto o primeiro paso é o forrado do depósito Principal é unha correcta fltración da auga antes de entrar ao depósito.

No mes de xullo a Xunta de Galicia convocou unha subvención (PR487A). A subvención cubre o 100% da obra de forrado do Depósito Principal. A Comunidade ten a subvención aprobada por un importe de 12.901,01€. 

A condición é que a obra ten que estar FEITA E PAGADA antes do 31/10/2016.
 
Por este motivo precisamos ter LIQUIDEZ suficiente para afrontala. Depois a Xunta, unha vez que comproba que a obra esta feita é pagada,  ingresa os cartos na conta da Comunidade.

Por ese motivo e porque NON PODEMOS PERDER ESTA SUBVENCIÓN, pregamos a tódolos comuneiros que paguen canto antes os recibos que foron xirados (consumo 2º semestre 2015)

Esta obra hai que facela. Como todos sabemos, é imprescindible mellorar as condicións de salubridade do Depósito . 

Non podemos permitirnos o luxo de perder uns cartos que doutro xeito teríamos que pagar entre todos mediante derrama.

 Deixamosvos o enlace a subvención conseguida: 


 
Moitas grazas!!!!!

sábado, 13 de agosto de 2016

Lume en As Neves (VIdeos e Imaxes) e grupos de whatsapp

Imaxe de M.Moralejo publicada na Voz de Galicia
Semana moi negra no Concello de As Neves. O lume unha vez mais protagonista do vran.

Deixamosvos, ao final do post,  alguns videos e imaxes  sobre o acontecido

Queremos aproveitar para recordar a importancia que teñen hoxe en día as redes sociais e os móbiles.



Somos conscientes que non todo o mundo ten aceso a estes medios na nosa Comunidade.

Esta semana, o Concello solicitou a colaboración das traídas para ter un total control sobre a auga, medio imprescindible para extinguir os lumes. A boa comunicación convírtese neses momentos nunha prioridade.

En casos excepcionais cando é preciso comunicarse con vos de xeito inmediato recurrese ao buzoneo directo nas casas, as vitrinas e se fose necesario a megafonia en coche pero non é´nada despreciable o alcance que como diciamos teñen os móbiles e de xeito engadido as redes sociais.

Esperamos ter rematado este fin de semana a creación dos grupos de whatsapp (por fin !!!) . 
Non temos os números de móbil de tódolos comuneiros que contan con este medio.

Se queres participar nos grupos de whatsapp fainolo saber. A comunicación vía móbil é a ferramenta máis rápida coa que contamos, tanto para que os comuneiros comuniquen a Xunta Directiva calquera nova coma para que a Xunta Directiva se comunique cos comuneiros.

Son grupos exclusivamente para novas importantes, non imos encher o teu móbil de imaxes ou mensaxes que non señan importantes para a traída ou en casos coma este para o Concello en xeral.

Lembramos tamen o aceso as redes sociais:

Facebook (por cuestions alleas a traída, foi necesario crear o  perfil da secretaría da CUTL e unha páxina da CUTL, por isto hai dous enderezos):


Google+:  CUTL Google +
Correo Electrónico: comunidadaguas@gmail.com


Moitísimas grazas a tódolos que axudastedes a difundir as peticións feitas dende o Concello e dende a Comunidade e a todos por ese control no consumo de auga.
Grazas !!!!!!
























Video en ABC

Se declara un incendio en la localidad gallega de As Neves


Albúm de fotos da Voz de Galicia:  

http://www.lavozdegalicia.es/album/vigo/as-neves/2016/08/11/lucha-contra-fuego-arbo-as-neves/01101470931419171205733.htm


Galeria Fotos Miguel Riopa:

Fotos Miguel Riopa


Fotos Adrian Gonzalez Fernandez:

Espectaculares tamen as fotos de Adrían Gonzalez

Imaxes Adrián Gonzalez


Audios da Cadena Ser:

Declaración de Oscr Gonzalez (2º Teniente de Alcalde) e do Alcalde de As Neves a Cadena Ser

http://cadenaser.com/emisora/2016/08/12/radio_vigo/1470983842_339550.html



Novas na prensa:

Novas en Vigoe:


El incendio de Arbo salta a As Neves tras arrasar más de 500 hectáreas


El mayor incendio del verano ya ha arrasado más de 1.500 hectáreas en Arbo


El viento da un respiro y permite frenar el fuego en Arbo


Novas en Vigo al Minuto:

Familias desesperadas en As Neves al ver el fuego a las puertas de sus casas


El incendio de Arbo, totalmente descontrolado, ha arrasado ya 1.500 hectáreas y obligado a cortar la PO-400 que va a As Neves



El fuego que se ha declarado en Arbo obliga a desalojar a varios vecinos y ocasiona cortes de electricidad


Seguen activos oito grandes incendios en toda Galicia, entre eles os de Arbo e Porto do Son


Novas en Atlantico Diario:

"Aquí lo que nos valió fue que vinieron a ayudarnos"


Regresa la calma a Arbo tras sufrir el peor incendio de Galicia


Novas en Faro de Vigo

El incendio forestal de Arbo, estabilizado gracias al trabajo de las brigadas y la ayuda de los vecinos



Incendios en Galicia | El incendio de Arbo se extiende a As Neves y se convierte en el mayor del año en Galicia


Novas en 20  minutos:

En As Neves (Pontevedra), aparte de medios desplazados, "fue fundamental que los vecinos defendieran sus casas"


Novas na Cadena Ser:

Controlado el foco de As Neves tras una jornada de mucha tensión


El incendio de Arbo se cobra ya 1.500 hectáreas, más que el resto de la provincia juntos






















sábado, 11 de xuño de 2016

4ª Xornada de Abastecemento Rural

No facebook da comunidade podedes atopar un avance das imaxes destas xornadas.



Dia 1: 08 de xuño de 2016 

Visita Abegondo e Tomiño


Dia 2: 09 de xuño de 2016 

Visita traídas de Tomiño: Amorin, Barro, Estás e Tomiño



Dia 3: 10 de xuño de 2016 

Conferencia na Conselleria de Sanidade- Santiago de Compostela


domingo, 10 de abril de 2016

Resumo videos da Xornada da Auga

Deixamosvos os enlaces aos videos que publicamos no recuncho que temos en youtube.


Os videos non teñen calidade pero permiten achegarvos a información a que tivemos acceso na Xornada da auga celebrada co gallo da Mostra de Cultivos Baixo Miño 2016.
Nos videos poderedes saber como coidala traída, como funciona o clorador teóricamente, como funciona na traída de Barro-Tomiño ou como decantan nesta traída a auga.

domingo, 3 de abril de 2016

Xornada Sanidade da Auga (ParteIII)-Visita traida de Barro

Espectacular !!!!

Impresionante o traballo realizado polos veciños de Barro que teñen unha de esas traídas que todos quixeramos ter. Pero ninguen regalou nada, traballaron arreo, compraron materiales e mans a obra.

A integración do depósito co lugar e estupendo. Calqueir ao elixiria como lugar para pasar unha tardiña.
Na traída teñen instalado o clorador de Coxapo.

Xornada Sanidade da Auga (ParteII)-Mostra de Cultivos Baixo Miño









Ao rematar a charla diriximonos a Mostra Cultivos Baixo Miño 2016, espectacular.

Introducianse as innovacións, entre elas o clorador do que falamos na  entrada anterior. 








Xornada Sanidade da Auga (Parte I)-Mostra de Cultivos Baixo Miño





Imos ser sinceros. Sábado pola tarde, despois de comer,.. apetece quedar na casa ou sair a dar unha volta sen maís preocupación. 
Por outra banda en Goián- Tomiño celebrase a Mostra de Cultivos Baixo Miño e hai unha charla sobre sanidade da auga de COXAPO... é un pensa...que ben estou na casiña...que pereza...collelo coche...chove...pero... coma dirían na tv.....ERROR... tarde ENORME, sempre , sempre aprendendo. Soltas a pereza e a recompensa foi enorme.






Comenzou a Xornada de mañá, perdemosnos a excelente charla de Fernando Sanchez Salinero, as veces inda que un quere non pode ir aos sitios. Deixamosvos un video da sua intervención e os enlaces as suas redes sociais por se queredes darlle un vistazo.

sábado, 19 de marzo de 2016

LIMPEZA ACCESOS E MANANCIAIS

Deoxamosvos unhas imaxes do acceso ao Depósito principal despois de rozalo camiño.
Por outra banda unhas imaxes dos mananciais nesta época do ano.

Mina "Os Coellos"

4ª XORNADA DE ABASTECIMENTO RURAL




En anteriores ocasións xa falamos do interesantisimo proxecto Life Rural Supplies e do que vos deixamos novamente a ligazón por se non o coñecedes.

O próximo mes de xuño celebrásense as 4ª Xornadas de abastecemento rural. O pasado ano realizouse unha viaxe a Irlanda. Foi unha experiencia sumanente enriquecedora polas similitudes e tambien polas diferenzas entre os nosos abastecementos e os de Irlanda.
Este verán serán os compañeiros de Irlanda os que se despracen a Galicia para coñecer as nosas instalacións.



1ª XORNADA TECNICA 2016 COXAPO




O vindeiro 2 de abril comenza a 13ª Mostra de Cultivos Baixo Miño de ACUBAM no Pavillón Municipal de Goian.
Un ano máis as traídas de augas unidas en COXAPO temos satisfacción de poder participar cunha Xornada Técnica o sábado 2 de abril as 17:00h no Auditorio de Goian:

  • Importancia da auga no rural
  • Sanidade da auga
  • Plan Hidrolóxico e Rexistro de contadores





Incansables lembramos a importancia da sanidade da auga das nosas traídas. A auga é o noso principal alimento, sen auga non hai vida. Por iso é fundamental que a nosa auga sexa auga de calidade, cada vez que limpamos os nosos depósitos, cada vez que limpamos os nosos mananciais, cada vez que facemos unha analítica debemos ter presente cada bebe, cada neno, cada adulto, cada maior que pode beber a auga. 
Non podemos xogar coa potabilidade, xogar a enganarnos con pensamentos como : " a nosa auga sempre foi boa", "aquí nunca pasou nada", "a auga que mana dos nosos mananciais é marabillosa". 


sábado, 27 de febreiro de 2016

Convocatoria ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Adxuntamosvos a Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria.
Aproveitamos para lembrar que senon podes acudir a Asemblea e delegas na túa parella, no teu fillo/a, no teu veciño/a e preciso que leven o boletin de presentación ASINADO por ti.
Non sirve de nada que o leven sen cumprimentar e sen asinar. 
Na convocatoria que vos remitimos por correo postal atoparedes o "Boletin de Representación" pero máis abaixo deixamosvos un para que o poidades imprimir.

Motias gracias pola vosa colaboura !!!!.

luns, 22 de febreiro de 2016

ANALITICAS

Con un pouquiño de retraso (cousas do traballo) deixasmosvos os enlaces as analíticas realizadas no mes de decembro:


  • Manancial "Os Coellos"
  • Manancial " A Vitureira"
  • Depósito Principal.


Lembrade que sempre están a vosa disposición no apartado analíticas ou na web www.coxapo.com (esperamos que pronto poidanse consultar a través do SINAC).
Calqueira dúbida:


  • Permanencias na Escola de Chan. Chan, 19- Tortoreos- As Neves
          1º Domingos de cada mes 
           Horario: 12:30 a 13:30h



luns, 15 de febreiro de 2016

PUBLICAR NO BOPPO



Moitas traidas se preguntan como teñen que publicitar as suas asembleas ou as datas de periodo de pago dos recibos. Unha ferramenta imprescindible é a publicación no BOPPO: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.




Na web do BOPPO atopamos a información necesaria para a publicación:



sábado, 6 de febreiro de 2016

PLAN HIDROLÓXICO DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL, 2015-2021.

Xa temos novo Plan Hidrolóxico na Conca Miño-Sil e coma viñamos avisando den de hai uns anos compricando a xestión da nosa Comunidade.

Hai xa un tempo vimos insistindo na necesidade de facilitar a referencia catastral de cada acometida. Alguns usuarios sorprendense con estas peticións pero como podemos comprobar a administración non agarda a que nos acostumemos aos novos tempos.
E precisa a colaboura de todos nos para contar cunha información completa das vivendas, dos propietarios, dos habitantes de cada vivenda, da referencia catastral,...
Se queremos ter unha traida con agua de calidade e que cumpra coa lexislación vixente temos que poñermos as pilas e remar xuntos no mesmo sentido.

LABORATORIOS ACREDITADOS E OU CERTIFICADOS: Podemos facer as analíticas de auga de consumo humano en calquera laboratorio?

Son preguntas recurrentes:

  • Sirve calquera laboratorio para facer as analíticas da miña traída?
  • Eu fago as analíticas na farmacia, eso ten que estar ben seguro, non si?
  • Por que teño que facelas noutro laboratorio se son máis caras?



A resposta atopámola no "Real Decreto 140/2003, de 7 de febrero, por el que se establecen los criterios sanitarios de la calidad del agua de consumo humano" que se pode consultar directamente na web do Ministerio da Presidencia:


domingo, 17 de xaneiro de 2016

Asemblea COXAPO 16/01/2016

Onte 16 de xaneiro no auditorio de Goián asistimos a Asemblea Xeral Ordinaria de Coxapo.
Para aqueles que non o lembren COXAPO é unha asociación que agrupa as Comunidades de Usuarios de toda Galicia.
A asociación pretende xuntar forzas e coñecementos. Os veciños sempre coidaron con mimo as súas traídas pero hoxe e fundamental cumprir escrupulosamente coa lexislación vixente para manter a calidade das nosas augas.

domingo, 3 de xaneiro de 2016

CONVOCATORIA ASEMBLEA COXAPO

Convocatoria Asemblea Xeral COXAPO:

Lugar: Auditorio de Goian
Dia: 16 de xaneiro 2016
Hora 1ª Convocatoria: 16:30h
Hora 2ª Convocatoria: 17:00h






domingo, 22 de novembro de 2015

Abuela Grillo



Seguro que moitos de vos xa o coñecedes pero para aqueles que non sabían del deixamosvos o corto animado " Abuela Grillo"

Máis datos sobre o proxecto: 

As palabras sobran:



mércores, 4 de novembro de 2015

Desculpas enlaces rotos

A falta de tempo impídenos comprobar máis a miudo o estado dos nosos enlaces.
Hoxe confirmamos que unha parte dos documentos, os subidos a Fileden, non funcionan.
É o que ten empregar nubes gratuitas.
Tentaremos resubir tódolos arquivos cuios enlaces romperon coa maior brevidade.
Se precisades algún documento empregade o correo para solicitalo: comunidadaguas@gmail.com

Desculpade as molestias.Graciñas.