domingo, 17 de enero de 2016

Asemblea COXAPO 16/01/2016

Onte 16 de xaneiro no auditorio de Goián asistimos a Asemblea Xeral Ordinaria de Coxapo.
Para aqueles que non o lembren COXAPO é unha asociación que agrupa as Comunidades de Usuarios de toda Galicia.
A asociación pretende xuntar forzas e coñecementos. Os veciños sempre coidaron con mimo as súas traídas pero hoxe e fundamental cumprir escrupulosamente coa lexislación vixente para manter a calidade das nosas augas.



 Os requirimentos que se esixe na actualidade as traídas non son pequenos. Emprender o camiño do estrito cumprimento en soidade e realmente complexo. A unión non so da forza senón coñecemento, grandes ideas, pequenos inventos, solucións aos problemas, construción fronte a destrución.
Na asemblea lembrouse unha vez mais a importancia de abastecer aos veciños de auga de CALIDADE. A limpeza dos mananciais, dos depósitos, da rede de abastecemento, de tódalas instalacións da traída.
A prevención, empregando medidas adecuadas de desinfección e o adecuado control coa realización das analíticas segundo indica o  Real Decreto 140/2003 de 7 defebreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da augapara o consumo humano


Presentáronse os primeiros resultados obtidos coa instalación de cloradores que permiten analizar, en intervalos marcados a demanda do usuario, o ph, cloro residual libre e a temperatura. O control a distancia dos depósitos e da calidade da auga as 24 horas xa é unha realidade.
Os resultados obtidos son volcados directamente o software COXAPOSOFT que permite as traídas ter un lugar de arquivo non so destes datos senón de tódala documentación da traída evitando as tan coñecidas perdas de documentación cos cambios de directiva.
Por outra banda a Xunta Directiva recordou a súa eventualidade no ano 2015 e a imperiosa necesidade de elixir un novo equipo de goberno. Para elo marcáronse as datas para as eleccións dos representantes de cada comunidade así como os representantes de zona.


O presidente deu un repaso a todalas actividades levadas a cabo dende a asociacion , entre elas a participacion no Consello reitor de Augas de galicia, no Consello Nacional da auga e no proxecto Life Rural Supplies.


Representante COXAPO no Concello de As Neves:
Arantxa Ferreiro Urrestarazu
Tfno: 622209205

No hay comentarios: