domingo, 9 de junio de 2019

Xornada Alianza Traídas Europeas - 05 de xuño 2019 (I)

Traída A Malata (Imaxe da web https://ruralsupplies.eu)

O mércores 5 e o xoves 6 de xuño foron dúas datas cruciais para as traídas de auga galegas.
Durante moitos anos o traballo, a ilusión dos comuneiros, a forza de traballar xuntos e a unión na Asociación Coxapo permitiu chegar a este punto: o acordo dos representantes dos pequenos abastecementos de auga de Irlanda, Austria en Galicia para a constitución dunha alianza internacional.


Principio del formulario

O 21 de setembro de 2018 representantes de diferentes países de subministracións de auga potable reuníronse en Viena para discutir, entre outras cousas, a necesidade de emendas ás propostas da UE como se recolle na publicación anual da National Federation of Group Water Schemes (NFGWS : https://nfgws.ie/wp-content/uploads/2019/03/NFGWS-Annual-2018.pdf)  

Esta reunión demostrou un terreo común en varios temas, entre eles:

·         Incremento de custos polo aumento de vixilancia proposta.
·         Necesidade de utilizar datos de vixilancia históricos para avaliar o risco paramétrico.
·  Desviación, nalgúns casos, dos niveis de limiares paramétricos recomendados pola Organización Mundial da Saúde
·    Necesidade dunha maior subsidiariedade entre os Estados membros para implementar a Directiva.

Propuxéronse e levaron a cabo varias emendas ao proxecto orixinal da Directiva cando se presentou ante o Parlamento Europeo, o 23 de outubro de 2018. Particularmente benvida foi a adopción dunha proposta presentada pola presidencia austríaca: que as frecuencias de mostraxe de vixilancia permanezan como están.
Aínda que é probable que se realicen máis modificacións antes de que aprobe a Directiva, o NFGWS e as comunidades de subministracións de auga potable de Europa están encantados de que a súa principal preocupación xa fose abordada.
Desta reunión xurdiu o compromiso de realizar un traballo conxunto e crear unha alianza internacional de abastecementos de auga potable.


Este compromiso materializouse a través dun dos eventos do proxecto Life Water Way (https://lifewaterway.eu/).  

Os días 5 e 6 de xuño  organizáronse as xornadas de actividades na que participaron Irlanda, Italia, Austria e España. A primeira xornada comezou en Santiago de Compostela, na Consellería de Sanidade co seguinte programa: https://lifewaterwayblog.files.wordpress.com/2019/05/conferencia-junio-2019-life-water-way.pdf

 
Life water way (Imaxe obtida da web https://lifewaterway.eu/)
 “ STATUS QUO” DAS COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGA DE CONSUMO A NIVEL DE EUROPA

·         9:15 h – 9:30 h Benvida
·         09:30 h –10:00 h Subministración de auga a pequena escala na Unión Europea. Estado actual e relevancia
Giulia Romano. Università dei Pisa
·         10:00 – 10:30 h Aspectos destacados da revisión da lexislación europea sobre a auga de consumo proposta pola Comisión Europea, desde o punto de vista dos pequenos sistemas de abastecemento.
Tobias Biermann. DG Environment. European Commision (por vídeo conferencia)
·         10:30 – 11:00 h O caso de Irlanda.
Barry Deane. National Federation of Group Water Schemes
·         11:00 – 11:30 h O caso de Austria. Wolfgang Aichlseder. WASSER
·         11:30 – 12:00 h PAUSA CAFÉ
·         12:00 h –12:30 h Subministración de auga a pequena escala en España. Estado actual e relevancia. Margarita Palau Miguel. Xefa de Área de Calidade das Augas. Ministerio de Sanidade (por vídeo conferencia)
·         12:30 h –13:00 h O caso de Galicia: situación actual Carlos Ameixenda. Concello de Abegondo. Director do proxecto Life Rural Supplies. Rafael Carrera. COXAPO
·         13:00-13:30 LIFE WATER WAY: recuperación de fontes de auga tradicionais como unha solución de microabastecimiento en áreas onde as redes de auga potable non teñen alcance. Raquel Piñeiro Rebolo (Técnica de Calidade das augas. Augas de Galicia) Elvira Iñiguez Pichel (Técnica de Sanidade Ambiental. Consellería de Sanidade)
·         13:30-14:00 MESA REDONDA


Por cuestións de axenda non foi posible a intervención de Tobias Biermann.


A intervención de Giulia Romano mostrou claramente as similitudes entre as necesidades e as solucións nas diferentes poboacións de Europa. Resultou fascinante comprobar como ata os máis pequenos detalles coincidían en localidades separadas por miles de km.















Barry Deane, Wolfgang Aichlseder, mostraron como se afrontou en Irlanda e Austria a xestión dos abastecementos de auga potable. No caso de Austria esta xestión esténdese tamén á xestión dos residuos.







Do mesmo xeito que a pequena escala aprendemos que a unión das traídas permite un intercambio de información vital para a súa subsistencia, así como a utilización de servizos comúns que permitan abaratar os custos, a nivel europeo a situación repítese. A experiencia destes países tanto a nivel técnico, xestión, materiais, i+d, economía como a nivel xestión administrativa e a relación coa administración abre un camiño de colaboración beneficiosa para todas as partes.



 Sempre pareceu que a administración era ese muro que impide o avance e que carece de sistemas de comunicación cos usuarios. Desde Europa móstrannos como esta colaboración comunidades- administración é vital para ambas as partes. Esta xornada preséntase como un novo paso para a constitución dunha alianza europea-internacional das federacións/asociacións de usuarios de auga potable.







A intervención de Margarita Palau centrouse na xestión sanitaria dos abastecementos de auga potable de pequenas poboacións. Non todos os pequenos grupos de poboación están xestionados por comunidades de usuarios, en moitos casos existen traídas municipais. Da presentación despréndese a falta de datos destes pequenos abastecementos de auga e dos datos existentes que é maior o coidado dos grandes abastecementos que dos pequenos. 

Esta información é extraída dos datos oficiais, novamente tropezamos coa necesidade de visibilizar todos os abastecementos e os coidados que reciben para que os informes realizados non distorsionen a realidade por unha falta de datos reais.
Compartiuse información sobre a ferramenta Gepsa  ( https://gepsa.mscbs.es ) como axuda para a xestión dos Plans Sanitarios da auga.










Wolfgang Aichlseder fixo un percorrido pola situación de alta Austria. A población quere auga potable, clara, fresca, limpa. Auga que poida ser bebida sen problemas, inodora, procedente da  vecindade, controlada estritamente, sen  pesticidas nin nitratos, non calcárea
Os seus obxectivos polo tanto, atinguir auga suficiente, segura, accesible, de alta calidade, eco-friendly, uso ecolóxico.



A súa asociación ben traballando por conseguir estes obxectivos, ofrecendo: servizos que non estean ao alcance de todos os réximes individuais, por exemplo: re-instalación de equipos; captación de mananciais, detección de  fugas de auga, asesoramento legal e de organización, seguimento das instalacións, axudar a garantir a autonomía dos réximes dos membros, facer de ponte entre os usuarios e a administración, facer auditorías dos estándares técnicos e de hixiene.


La organización 00waser garantiza a poboación: abastecementos de auga de alta calidade, autoxestión do abastecemento de auga potable, rendible, baseado no local, independente, a proba de crise, con solucións adaptadas, cunha economía de escala.
A longa experiencia da organización permite demostrar que este tipo de xestión é posible.


A continuación, D Rafael Carrera e D Carlos Ameijenda fixeron un repaso polo anterior proxecto Life rural Supplies e as beneficiosas consecuencias que tivo para as comunidades de usuarios e para a administración. Demostrouse que unha boa xestión dunha comunidade de usuarios, coa colaboración da administración diminúe drasticamente os investimentos económicos ademais de aumentala calidade da auga e por suposto o desenvolvemento rural.



D Rafael Carrera incidiu na importancia da asociación de traídas para conseguir os obxectivos marcados de auga de calidade.
























Elvira Iñiguez, Técnica de Sanidade Ambiental e Raquel Piñeiro, técnica de Augas de Galicia presentaron o novo proxecto Life Way Water. Este proxecto pretende mellorar a rede de fontes que os peregrinos se atopan ao seu paso ao realizar o camiño de Santiago inglés. Os peregrinos contasen con todas as garantías sanitarias para poder beber a auga destas fontes. 





Estas fontes serán perfectamente recoñecibles e serán autónomas no tratamento da auga para garantir a súa potabilidade. Pódese atopar toda a información deste proxecto na súa web:  https://lifewaterway.eu/












Rematouse o evento cunha pequena rolda de intervencións do público asistente.








Tras a xornada de traballo compartiuse unha comida entre os representantes europeos e os comuneiros que acudiron a Santiago.



Pola tarde visitouse a traída de A Malata, emblema do proxecto Life Rural Supplies.
Finalizada a xornada de traballo representantes europeos e os participantes no evento desprazáronse a Tomiño para continuar ao día seguinte coa segunda xornada de traballo.















Na prensa: 





Radio Tui ( a partires minuto 20:09): 



No hay comentarios: