domingo, 9 de junio de 2019

Xornada Alianza Traídas Europeas - 06 de xuño 2019 (II)



Inicio xornada traballo

As 08:30 do venres 07 de xuño comeza a xornada de traballo no Hotel Nova Colina de Tomiño cunha exposición do software empregado por Coxapo para a xestión da asociación  así como o empregado por cada unha das traídas para a xestión propia.
Amosase como dun xeito sinxelo os usuarios poden acceder ao estado da auga que consumen descargando as analíticas.
Os representantes das traídas de Austria e Irlanda acordan xunto cos representantes de Coxapo a sinatura dun acordo para a constitución dunha organización, alianza,  “paraugas” que reúna os representantes dos pequenos abastecementos de auga potable a nivel internacional.
Acórdase que os representantes de Austria e Irlanda redacten as bases de este acordo para concretar a fundación desta agrupación internacional.



CU Amorin
A continuación realízase unha ruta para visitar as comunidades de usuarios de Amorín, Torrón, Barro, Sobrada e Estás do concello de tomiño. Unha vez máis os veciños de Tomiño, o seu concello representado nesta ocasión por dona María Xosé Vázquez Rodríguez (concellala de medio ambiente e optimización dos servizos públicos) e Coxapo fixeron un excelente labor como anfitrións.
















CU Torrón
Os representantes europeos puideron comprobar os avances levados a cabo nas traídas nun continuo proceso de coidado e mellora do que quedou constancia coas obras de mellora que algunha das traídas está a realizar.

As directivas das Comunidades de usuarios responderon as dúbidas dos representantes europeos tanto en materias técnicas como na xestión diaria dos seus abastecementos de auga.














Se sempre é clara a necesidade de colaboración entre as partes implicadas no abastecemento de auga potable a traída de Sobrada e un exemplo nitido.
Unha traída que alimentaba a cada casa cunha tuberia individual, 53 depositos individuais e mais de 100 casa esperando para poder ter auga potable.
Coa axuda do Concello de Tomiño esta traida vai remodelar as suas instalacions para traballar con dous tanques.


















Continua a visita as traídas de Barro e Tomiño. O tempo non acampañaba pola presenza do ciclón "Miguel" na costa galega. e impediu desfrutar das increibles vistas dende a traída de Barro pero non impediu que os visitantes desfrutasen coñecendo o método de decantación empregado nestra traída así como de unhas pezas de fruta para acompañar a maña.


















Inda que estaba prevista a visita ao Poderoso rematouse a visita de mañana na traída de Tomiño onde Jose explicaba aos compañeiros de Irlanda e Austria os sistemas empregados nesta traida.








As 14:30 o Centro Social de estás acolleu un buffet de produtos galegos mentres os participantes intercambiaron as súas sensacións e experiencias.











As 19:00h o Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolleu a Conferencia na que participaron:
  • ·         María José Rodríguez concelleira de Medio Ambiente do Concello de Tomiño
  • ·         Elvira Iñiguez ¨Técnica do Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia
  • ·         Raquel Piñeiro técnica de calidade de augas de Galicia
  • ·         Carlos Ameijenda director dos proxectos Life do Concello de Abegondo
  • ·         Barry Dane representante da National Federation of Group Water Shemes de Irlanda
  • ·         Wolfgang Aichlseder representante de Wasser- Austria
  • ·         Rafael Carrera representante Coxapo- Galicia

Dona María José realizou un repaso a repaso á colaboración do Concello coas comunidades de usuarios do Concello de Tomiño Este traballo conxunto conseguiu a mellora da salubridade dos abastecementos tomiñenses, un cambio espectacular na situacións das traídas convertendo a este concello nun referente da xestión de traídas en Galicia




Elvira Iñiguez incidiu unha vez mas na necesidade cumprir estritamente ca lexislación vixente en materia de sanidade da auga de Consumo Humano.
A Directiva 2013/51/ Euratom do Consello, do 22 de outubro de 2013, introduciu disposicións específicas para o control das substancias radioactivas.
Esta nova directiva provocou a modificación española en materia de sanidade da auga de consumo humano, O Real Decreto 902/2018 de 20 de xullo de 2018 modificou a anterior lexislación ata chegar  a un RD 140/2003 07 de febreiro de 2003 Modificado.
·         Introdúcese a figura de evacuación de riscos nos abastecementos de auga como ferramenta para a elaboración do plan sanitario da auga, ( PSA), é o Protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento

       
Novas especificacións para os laboratorios
·   Derrogación da orde de substancias químicas. Agora afecta directamente o REACH, CLP e Regulamente 528/2012, relativo aos biocidas  Incorporase a determinación do radon na auga de consumo e especifícanse as frecuencias de mostraxe de radioactividade
·   Modifícanse as frecuencias de mostraxe e algúns parámetros para determinar nos autocontrois que deben realizar os xestores dos abastecementos.
·         Modificación da información que debe conter os protocolos de autocontrol e xestión dos abastecementos Enfoque total cara á realización de avaliación de riscos nos abastecementos, desde o recurso hídrico ata a billa do consumidor


Raquel Piñeiro Técnica de Augas explica como durante moito tempo  administración presentábase ante os usuarios das comunidades de usuarios como una xeradora de problemas e afastada da realidade dos veciños.
O plan Life Rural Supplies serviu para entender que os pequenos abastecementos humanos son una excelente solución para dotar de auga `potable a estes pequenos núcleos de poboación. Tanto a Consellería de Sanidade como Augas de Galicia fixeron posible este proxecto e como herdanza a creación duns protocolos para que tantos os funcionarios da administración que teñen que traballar con estes abastecementos como os xestores dos abastecementos conten  con ferramentas para a axuda tanto técnica como de xestión.
Dona Raquel mostrou a primeira versión destes protocolos que coa colaboración das partes implicadas converteranse na mellor ferramenta de traballo para todos.


Carlos Ameijenda presentou o novo proxecto Life do Concello de Abegondo. Tomando como campo de traballo o Camiño Inglés de Santiago realizase un estudio das fontes de abastecemento de auga potable para os peregrinos.
Buscando a implicación dos concellos polos que pasa este camiño propúxose un modelo de fonte autónoma que permita garantir un abastecemento de auga de calidade para os peregrinos.
Proponse a venda dunha botella que permita evitar que se empreguen as botellas de plástico e así evitar a contaminación ambiental
O proxecto atopase neste momento na implantación da primeira fonte prototipo.

A continuación comezan as intervencións dos representantes de Irlanda e Austria.
D Barry Dane representante da National Federation of Group Water Shemes realizou un pequeno percorrido pola experiencia Irlandesa para remarcar a importancia da existencia dunha organización “umbrella” que represente as organizacións que traballan polos pequenos abastecementos para auga de consumo humano.  Agradece a tódolos comuneiros presentes a súa xenerosidade ao compartir esta xornada amosando as súas instalación, os seus coñecementos reforzando así as ganas de traballar xuntos pola auga.


Wolfgang Aichlseder representante austríaco fai un repaso pola longa historia da organización que representa e que non so traballa cos abastecementos de auga potable senón tamén co tratamento de residuos.
Do mesmo xeito agradece aos presentes a invitación para participar nestas xornadas e remarca a importancia de traballar xuntos polo auga en Europa.



Pecha o rondo de exposicións un emocionado Rafael Carrera que prescinde da exposición prevista para manifestar a importancia do día que están a vivir as Comunidades de usuarios Galegas. Agradece a administración , a tódolos oradores, aos veciños presentes o seu traballo sen o que non sería posible chegar a este importante momento.
D Rafael lembra como moitos pensaron que non seria posible levar a estes pequenos abastecementos de auga potable o lugar que ocupan, Conseguir o desenrolo da poboación rural chegando a compartir estas xornadas con membros doutros países.
Pecha o Acto D Juan Joaquín Pousa presidente de Coxapo que reitera o seu agradecemento aos poñentes e a tódolos presentes na sala.






Tras este acto os asistentes a esta xornada trasládanse a Goian para desfrutar dunha cena eminentemente galega. Os tremendos de Tomiño amenizan a chegada da noite sorprendendo aos invitados.
Coxapo fixo entrega os poñentes dunhas figuras do mestre Ignacio Moure  para deixar constancia desta alianza internacional da auga.
A  noite pechase coa invitación dos representantes irlandeses para asinar no mes de setembro esta alianza internacional de pequenos abastecementos rurais no seu pais.






No hay comentarios: