domingo, 17 de enero de 2021

Novo Blog





Traballando nun novo blog e cun dominio propio para mellorar a comunicación da Comunidade.

Comezamos esta andaina en:



domingo, 9 de junio de 2019

Xornada Alianza Traídas Europeas - 06 de xuño 2019 (II)



Inicio xornada traballo

As 08:30 do venres 07 de xuño comeza a xornada de traballo no Hotel Nova Colina de Tomiño cunha exposición do software empregado por Coxapo para a xestión da asociación  así como o empregado por cada unha das traídas para a xestión propia.
Amosase como dun xeito sinxelo os usuarios poden acceder ao estado da auga que consumen descargando as analíticas.
Os representantes das traídas de Austria e Irlanda acordan xunto cos representantes de Coxapo a sinatura dun acordo para a constitución dunha organización, alianza,  “paraugas” que reúna os representantes dos pequenos abastecementos de auga potable a nivel internacional.
Acórdase que os representantes de Austria e Irlanda redacten as bases de este acordo para concretar a fundación desta agrupación internacional.


Xornada Alianza Traídas Europeas - 05 de xuño 2019 (I)

Traída A Malata (Imaxe da web https://ruralsupplies.eu)

O mércores 5 e o xoves 6 de xuño foron dúas datas cruciais para as traídas de auga galegas.
Durante moitos anos o traballo, a ilusión dos comuneiros, a forza de traballar xuntos e a unión na Asociación Coxapo permitiu chegar a este punto: o acordo dos representantes dos pequenos abastecementos de auga de Irlanda, Austria en Galicia para a constitución dunha alianza internacional.

jueves, 22 de marzo de 2018

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2018



Lembramos:


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA   
Data da reunión:                             
07/04/2018
Hora da primeira convocatoria:    
17:00
Hora da segunda convocatoria:
17:30
Lugar de reunión:                           
ESCOLA CHAN- L Chan, 19 Tortoreos-As Neves                                             



domingo, 31 de diciembre de 2017

Axudas Incendios: Pagamentos adiantados

Lembrar a todas aquelas traidas que vindes de solicitar as axudas para afrontar os cuantiosos gastos provocados polos lumes nas nosas comunidades que en novembro a Consellería de Medio Rural publicou a posibilidade de solicitar o pagamento anticipado dunha parte das axudas.




Artigo único. Pagamentos anticipados
1. No procedemento contido no artigo 21, do capítulo VII, relativo ás axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial da Consellería do Medio Rural, poderáse realizar un primeiro pagamento do 50 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención, e non estará obrigado o interesado á presentación de avais, consonte o establecido nos artigos 63.1.dous e o artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Estes pagamentos anticipados realizaranse cando a subvención concedida sexa igual ou superior a 1.000 euros.
DOG Núm. 210
Paxina 51137
Luns, 6 de novembro de 2017















FELICES FESTAS

Pechamos un ano moi complicado agardando que o vindeiro estea cheo de saude, felicidade, traballo e por suposto un fermoso monte verde ademáis de moita auga.

Un novo ano donde as traídas de As Neves comezan a traballar da man para conseguir  auga de calidade para todos os usuarios 

Felices festas e bo ano novo !!!!




viernes, 15 de diciembre de 2017

XUNTANZA TRAÍDAS AS NEVES

Este sábado xuntámonos as Comunidades de usuarios de As Neves para falar sobre as nosas necesidades, a situación das traídas, coñecer as novas subvencións, ..en definitivar, conseguir que as traídas de As Neves, dende a unión, consigan para os usuarios auga coa mellor calidade.
Faremos unha visita as traídas do Concello de Tomiño para intercambiar ideas, opinións, información,..
Anímate a vir.!!!!!.

Día: 16 de decembro
Lugar Encontro: CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (Colexio As Neves)
Hora: 09:00h


Podedes contactar:

986293694/ 622209205
traidasasneves@gmail.com



miércoles, 6 de diciembre de 2017

AUGA POTABLE


Lembramos que podedes ver os resultados das analiticas na web: COXAPO. En canto teñamos tempo, coma sempre subiremolas aqui.
Tendes que entrar no apartado do Concello de As Neves, e despois na nosa traida: Tortoreos-Liñares.
A cor das gotas non é correcto, para que non vos preocupedes porque aparecen de cor vermella. E unha pequena incidencia informática. O importante é o contido do documento do laboratorio.


miércoles, 1 de noviembre de 2017

IMPORTANTE





É moi importante que lembredes que ata que non teñamos completamente recuperadas as instalacións e teñamos un resultado nas analíticas de auga potable non se pode facer uso da auga para consumo de "boca".
Os danos nas instalacións foron moi importantes e non é posible telas recuperadas en tan curto plazo.
Queremos garantir a potabilidade total da auga, ter todas as instalacións en condicións óptimas para so entón comunicarvos a potabilidade.
Ata entón NON SE PODE FACER USO DA AUGA PARA CONSUMO DE BOCA. Avisa aos teus veciños, axudanos a difundir.
Lembramosvos que tendes a vosa disposición os grupos de zona de whatsapp.
Cada zona ten un grupo onde a Xunta Directiva comunica tódas as novedades e vos nos avisades das avarías, das incidencias de cada zona.
Esta comunicación instantanea permite mellorar noitísimo o intercambio de comunicación.
Se na túa casa, eres comuneiro e non estas no grupo da tua zona AVÍSANOS, non incluimos nos grupos se previamente non temos o voso consentimento.
Nos grupos so se dan novas importantes da Comunidade, non son grupos de fala así que no serán unha molestia para ti, o contrario, son de gran axuda para todos.

AVÍSANOS PARA INCLUIRTE !!!!!  622209205


************************************************************************

Es muy importante que recordéis que hasta que no tengamos completamente recuperadas las instalaciones y tengamos un resultado en las analíticas de agua potable no se puede hacer uso del agua para consumo de "boca".
Los daños en las instalaciones fueron muy importantes y no es posible tenerlas recuperadas en tan corto plazo.
Queremos garantizar la potabilidad total del agua, tener todas las instalaciones en condiciones óptimas para so entonces comunicaros la potabilidad.
Hasta entonces NO SE PUEDE HACER USO DEL AGUA PARA CONSUMO DE BOCA. Avisa a tus vecinos, ayúdanos a difundir.
Os recordamos que tenéis a vuestra disposición los grupos de zona de whatsapp.
Cada zona tiene un grupo donde la Xunta Directiva comunica todas las novedades y os nos avisáis de las averías, de los incidentes de cada zona.
Esta comunicación instantánea permite mejorar muchísimo el intercambio de comunicación.
Si en la tu casa, eres comunero y no estas en el grupo de tu zona AVÍSANOS, no incluimos en los grupos si previamente no tenemos vuestro consentimiento.
En los grupos sólo se dan noticias importantes de la Comunidad, no son grupos de charla así que no serán una molestia para ti, al contrario, son de gran ayuda para todos.


AVÍSANOS PARA INCLUIRTE !!!!!  622209205



sábado, 28 de octubre de 2017

Francisco Marín preside a sexta reunión do Pacto Nacional pola auga, a nivel de demarcación, cos usuarios de abastecemento

Onte, Xoves 26 de outubro reunironse nas oficiñas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil o presidente da Confederación D Francisco Marín, o presidente da FEGAMP e da Mancomunidade de abastecemento de auga do Bierzo, representantes de traídas de augas COXAPO, de varios Concellos da Demarcación e da Deputación Provincial

Deixamosvos a comunicación da Confederación sobre esta importantísima reunión para as Traídas de Augas:

Fonte: CHMS

Francisco Marín preside la sexta reunión del Pacto Nacional por el Agua, a nivel de demarcación, con los usuarios de abastecimiento

Francisco Marín preside la sexta reunión del Pacto Nacional por el Agua, a nivel de demarcación, con los usuarios de abastecimiento
• En esta reunión han estado presentes el presidente de la FEGAMP y de la Mancomunidad de abastecimiento de agua del Bierzo, representantes de traídas de agua –COXAPO-, de varios Ayuntamientos de la Demarcación y de la Diputación Provincial
• El Pacto Nacional por el Agua busca dar respuesta a los principales retos de la gestión del agua en nuestro país con la máxima participación, diálogo y consenso
El presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente del Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA), Francisco Marín, se ha reunido esta mañana con los representantes de usuarios de abastecimiento continuando con la ronda de encuentros previstos en la Demarcación Hidrográfica para avanzar hacia un Pacto Nacional por el Agua.
En este encuentro han estado presentes el presidente de la Federación Gallega de Municipios y Provincias –FEGAMP-, representantes de los Ayuntamientos de Ourense, Ponferrada y Ponteareas, representante de la Diputación de Ourense y varios miembros de la Comunidad Xeral de Aguas de Galicia –COXAPO.

Memoria de As Neves




Iniciativa para que entre todos os veciños de As Neves se recupere a memoria a través das fotos feitas por D Alejandro Alonso Estevez.
Os lumes paralizaron parte das actividades pero animamosvos a que en canto se recupere a normalidade participades axudando a recoñecer a aquelas persoas e lugares que aparecen nas imaxes.
Deixamosvos o video que publicou a Voz de Galicia e algunhas das imaxes,

Lembramos que son propiedade de D Alejandro Alonso Estevez.



Fonte Video: A Voz de Galicia

Imaxe: D Alejandro Alonso Estevez.

Do video de A Voz de Galicia e realizada por D Alejandro Alonso Estevez.

domingo, 15 de octubre de 2017

MOI URXENTE: LUMES

Debido a extrema situación de SECA E LUMES na zona o CONSUMO DE AUGA debe RESTRINXIRSE para dispoñer de ela para APAGAR OS LUMES

domingo, 27 de agosto de 2017

SECA: O TERRIBLE VRAN 2017

Para aqueles que dubidan dos gravisimos problemas de seca deste ano ahi vai unha pequena mostra de novas nos periódicos dixitais.
Non esquezamos que está nos nosas mans o consumo responsable, que a pouca auga que temos debemola repartir con moito sentidiño.
Non consumir auga da traída o resto do ano non quere dicir que agora se poida consumir sen control.
A auga que chega ás casas é a que temos, non hai depósitos de reserva, non hai posibilidades de facer maxia. 
Esta más mans de todos nós. Non podemos trasladar "o problema" a outro. 
Cada un de nós ten a solución nas súas mans.
Se responsable.  Pensa nos teus veciños.
Grazas a todos os que estades a colaborar, moitisimas grazas.


AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

Debido á seca deste ano temos a traida baixo mínimos, os mananciais non chegan a recuperar os depósitos.
É estrictamente necesario que non consumamos auga dende as 22:00 as 07:00 horas para que todos os veciños podían  ter auga durante o dia.
Como se pode ver non hai auga en ríos, fontes, mananciais,... se non se  respectan as horas de non consumo para recuperar os depósitos veremonos obrigados a cortar a auga.
 Por favor, non gastar auga de 22: 00 a 07: 00 Sexamos  conscientes de que hai persoas maiores, bebes, veciños que precisan da auga para tarefas básicas.


domingo, 9 de abril de 2017

Oro Azul: La guerra del augua

Hoxe volve a estar de actualidade este documental .. ou cando menos eso parece.
Se tendes un ratiño e moi interesante coñecer como a auga estase a converter NO OURO AZUL.


ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA COXAPO: Denegación concesión caudal



ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA COXAPO

Compartimos a convocatoria desta Asemblea Xeral Extraordinaria pola importancia do seu contido.
Pregamoste que compartas esta información coas Comunidades de Usuarios que coñezas ou coas Asociacións da tua parroquia.
É importante que todos saibamos de primeira man o que está a acontecer para que cada quen  poida ter a sua opinión.

Xuntos pola auga
Cada vez máis a auga estase a converter no ouro azul. Todos os que traballaron duro por sacar adiante a sua comunidade, por levar auga a cada casa da sua parroquia debe saber o que está a acontecer.

Ven, informate:

Data: 29 abril
Hora: 16:00 (1ª Convocatoria)
Asunto: Non renovación da concesión de caudal as CU de Tui pola CHMS
Lugar: Auditorio Goián- Tomiño-Pontevedra



A Confederación Hidrográfica Miño Sil ven de rexeitar a renovación de caudal a traídas de Tui.
Non se da unha solución aos veciños. Sinxelamente executase a ELIMINACIÓN das SUAS COMUNIDADES.
Coxapo convida a todos os directivos de comunidades de augas o sábado 29 de abril ás catro da tarde no auditorio de Goián en Tomiño .
Moitas traídas descoñecen esta información. Moitos usuarios descoñecen o que está a ocorrer.
Precisamos que esta información chegue a todas as persoas afectadas. Axúdanos a compartir.

Se coñeces a un directivo dunha traída, a un directivo dunha asociación, aos directivos da túa comunidade de Montes, …failles chegar a nosa invitación. Vinde o día 29 de abril a Goián para recoller toda a información.
Queremos auga de calidade non un negocio co ouro azul.
E por suposto GRAZAS, GRAZAS POR  AXUDARNOS A SALVAR AS NOSAS TRAIDAS DE AUGA.

Por favor comparte esta información !!!! 

Como chegar ao Auditorio de Goian

******************** *****************