sábado, 19 de marzo de 2016

4ª XORNADA DE ABASTECIMENTO RURAL




En anteriores ocasións xa falamos do interesantisimo proxecto Life Rural Supplies e do que vos deixamos novamente a ligazón por se non o coñecedes.

O próximo mes de xuño celebrásense as 4ª Xornadas de abastecemento rural. O pasado ano realizouse unha viaxe a Irlanda. Foi unha experiencia sumanente enriquecedora polas similitudes e tambien polas diferenzas entre os nosos abastecementos e os de Irlanda.
Este verán serán os compañeiros de Irlanda os que se despracen a Galicia para coñecer as nosas instalacións.






Imaxe obtida da web http://ruralsupplies.eu/- Xornadas Irlanda

As xornadas terán unha duración de tres días e celebrásense os días 8,9 e 10 de xuño.
O primeiro día centrarase no Concello de Abegondo. O segundo os participantes desprazaranse ao sur de Galicia para coñecer as instalacións de varias traídas.
Para finalizar, o terceiro día, unha conferencia en Santiago de Compostela.

Día 8

Dia 9

Dia 10


Copiámosvos a información sobre o evento e os programas para descargar.

"En está ocasión, planificouse un evento en tres sedes e tres días: Abegondo, Tomiño e Santiago de Compostela, do mércores 8 ao venres 10 de xuño:

Nas dúas primeiras, darase difusión ás accións demostrativas levadas a cabo no marco do Life Rural Supplies e por COXAPO respectivamente. Así, a través de visitas de estudo poderanse coñecer exemplos de solucións funcionais de abastecemento autónomo.
Para pechar as xornadas, o último día está prevista a celebración dunha conferencia na capital de Galicia na que se tentará contextualizar a situación actual da dotación dos servizos da auga no rural e darase a coñecer a estratexia levada a cabo en Irlanda como posible modelo a seguir."


Descargar programa google drive:




Se algun de vos precisa máis información sobre as Xornadas, sobre os participantes ou calqueira outro tema relacionado lembramos os nosos datos de contacto:

Permanencias Xunta Directiva: 
  • 1º Domingos de mes
  • 12:30 a 13:30h 
  • Escola de Chan- Chan, 19  Tortoreos- As Neves

Representante COXAPO zona As Neves:

  •  Arantxa Ferreiro
  • Tfno: 622209205
  • afurrestarazu@gmail.com



No hay comentarios: