sábado, 19 de marzo de 2016

1ª XORNADA TECNICA 2016 COXAPO




O vindeiro 2 de abril comenza a 13ª Mostra de Cultivos Baixo Miño de ACUBAM no Pavillón Municipal de Goian.
Un ano máis as traídas de augas unidas en COXAPO temos satisfacción de poder participar cunha Xornada Técnica o sábado 2 de abril as 17:00h no Auditorio de Goian:

  • Importancia da auga no rural
  • Sanidade da auga
  • Plan Hidrolóxico e Rexistro de contadores





Incansables lembramos a importancia da sanidade da auga das nosas traídas. A auga é o noso principal alimento, sen auga non hai vida. Por iso é fundamental que a nosa auga sexa auga de calidade, cada vez que limpamos os nosos depósitos, cada vez que limpamos os nosos mananciais, cada vez que facemos unha analítica debemos ter presente cada bebe, cada neno, cada adulto, cada maior que pode beber a auga. 
Non podemos xogar coa potabilidade, xogar a enganarnos con pensamentos como : " a nosa auga sempre foi boa", "aquí nunca pasou nada", "a auga que mana dos nosos mananciais é marabillosa". 



A formación dos comuneiros das traídas é fundamental. Todos os comuneiros han de ser nalgún momento membros da Xunta Directiva e nada mellor que a formación e información para ser conscientes que temos que coidar as nosas instalacións, a nosa auga para poder dicir con completa seguridade que a nosa é auga de calidade.
Animámosvos a que participedes en calquera destas actividades formativas/informativas e oxalá en pouco tempo podamos organizar no noso concello actividades que nos axuden a mellorar.
Deixamosvos o pdf coas actividades das Xornadas 13ª Mostra de Cultivos Baixo Miño

Programa Xornadas

Charla Coxapo

Para aqueles que non saibades onde está o auditorio e o pabillón de Goian adxuntamos o mapa de Google:







No hay comentarios: