lunes, 15 de febrero de 2016

PUBLICAR NO BOPPO



Moitas traidas se preguntan como teñen que publicitar as suas asembleas ou as datas de periodo de pago dos recibos. Unha ferramenta imprescindible é a publicación no BOPPO: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.




Na web do BOPPO atopamos a información necesaria para a publicación:





1. O primeiro e redactar o anuncio que queremos publicar. Temos que empregar como tipo de letra ARIAL tamaño 11 para poder calcular canto temos que pagar polo anuncio.

Cada liña ten un custo:


  • Publicación normal 1,55€,
  • Publicación urxente 3,10€.



Esto é, se o noso anuncio ten 10 liñas e a publicación non é urxente o importe é:

10 liñas x 1,55€=  15,5 €


Exemplo convocatoria asemblea xeral ordinaria

Exemplo periodo voluntario de pago



2. Unha vez que temos redactado o noso arquivo no ordenador, nun editor de texto, por exemplo word accedemos a páxína:

e cumplimentamos os datos que nos solicitan.




Tras darlle ao botón ENVIAR obteremos un xustificante do noso envio que temos que imprimir e gardar.

3. Unha vez feito anterior temos que descargar e cumprimentar o documento para ir a caixa /banco para pagar a publicación.

Descargar: Modelo autoliquidacion taxas


Unha vez feitos todolos pasos temos que ir a pagar as taxas.Faremolo ingreso na conta do BOPPO:

ABANCA ES17 2080 5401 57 3110106612 

4. Con todolos documentos:


  • Anuncio que queremos publicar
  • Xustificante de publicación en internet
  • Modelo pago taxas (pagado)

presentamonos en Deputación ou no rexistro do noso Concello (calquera oficiña de rexistro da Administración é válido)

5. Nuns días recibiremos notificación da publicación ou podemos acceder a páxina do BOPPO a buscalo noso anuncio.

http://www.boppo.depo.es/consulta-do-boppo


  • No apartado BUSCAR NOS BOLETINS escollemola BUSCA avanzada.
  • Na casiña EMISOR escollemos SECCION NON OFICIAL e buscamola nosa traída.










No hay comentarios: