domingo, 13 de septiembre de 2015

CERTIFICADO CERES- Tarxeta criptográfica- Comunidades de usuarios

Non é a primeira vez que falamos da utilidade do certificado Ceres para as Comunidades de Usuarios.
Facendo unha comparación sinxela o certificado Ceres é para a traída o que un DNI electrónico para unha persoa. Permítemos levar a cabo multitude de xestións sen ter que sair da casa.

Ata hai ben pouco tiñamos que contar cun ordenador, una lector de tarxetas e unha tarxeta criptográfica para identificarnos.




 A tecnoloxía avanza e hoxe so é preciso contar cun ordenador e un token (sendo precisos, hoxe en día, incluso hai certificados para os móviles).
O token ten unha conexion usb que permite conectalo oa ordenador e no seu interior conta cunha tarxeta do tamaña da sim dun móbil.



token



A web da Fabrica Nacional de Moeda y Timbre evolucionou e podemos topar varios videos que nos axudan a entender que é isto dos certificados CERES e como funcionan.

No seguinte video explican como obtelo certificado:


Se o prefires solicitar dende o teu móbil android:



Na canle da traída en Youtube tendes a lista de reproducción con estos videos:


Este certificado permitenos acceder ao SINAC:

Na web da FNMT atopamos algúns dos organismos onde podemos empregar os CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS:



Tendo en conta que os membros das Xuntas Directivas das traídas fan o seu traballo sen percibir remuneración cada minuto e desprazamento conta e poder evitar gastos facendo as xestions dende a casa ou no mellor dos casos (se o ten) dende o local da traída supón unha grandisima ventaxa.
So falta que a Deputación de Pontevedra se anime a empregar este sistema.


Aproveitamos para recordarvos que a representante da nosa traida en COXAPO, Arantxa,  está cada domingo primeiro de mes na Cafereria do Centro Social de As Neves de 12:30 a 13:30h para axudar a tódalas traídas socias de COXAPO pero tamen para todas aquelas que queiran saber que é COXAPO ou precisen axuda, informacion ou facernos a sua vez chegar a sua axuda e coñecementos. Xuntos todo é mais doado.

Se queredes facervos co voso certificado e tendes dúbidas achegadevos calqueira domingo primeiro de mes, é moi doada facelo.
Publicar un comentario