domingo, 13 de abril de 2014

SEPA: Actualizacion formularios Domiciliacion Bancaria


Na páxina de formularios podedes encontrar os novos formularios que incluien o apartado do IBAN.
Todos estamos a escoitar dende hai uns meses os cambios provocados polo SEPA pero que é o SEPA?, por que temos que facilitar novamente os nosos documentos de domiciliación bancaria?, por que para algunhas domiciliacións pódese calcular automáticamente o IBAN?, como afecta o SEPA a Comunidade de Usuarios Tortoreos-LIñares?


Que é o SEPA?
A zona única de pagamentos en euros (SEPA polo seu acrónimo en inglés) é a área na que cidadáns, empresas e outros axentes económicos poden efectuar e recibir pagamentos en euros en Europa, dentro e fóra das fronteiras nacionais, nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos e obrigas, independentemente do lugar en que se encontren.

Que beneficios achega SEPA?
SEPA permite que os pagamentos en euros entre calquera conta situada na zona de aplicación, se realicen de forma tan sinxela como se vén realizando actualmente un pagamento nacional, o que facilita o acceso aos novos mercados. Os clientes poden cunha única conta, unha única tarxeta e uns instrumentos de pagamento con idénticas características, realizar pagamentos en calquera dos 34 países da zona SEPA.

Onde podo obter o IBAN dunha conta?

Este dato pode obterse no extracto de conta e outras comunicacións dos bancos, está dispoñible igualmente nas aplicacións de banca electrónica das entidades.

Cando entran en vigor os cambios no modo de realizar transferencias e domiciliacións?
O Regulamento 260/2012 establece que a entrada en vigor dos novos formatos de transferencias e domiciliacións é o 1 de febreiro de 2014.
 
Aprobouse un atraso da entrada en vigor?

Os lexisladores europeos aprobaron a proposta da Comisión Europea para conceder un período transitorio adicional de 6 meses (ata o 1 de agosto de 2014). Non obstante, a data límite da 1 de febreiro segue sendo válida, xa que se deixa discrecionalidade ás entidades de crédito para que sigan ou non aceptando operacións nos formatos tradicionais.

Vanse seguir procesando transferencias e domiciliacións en formatos tradicionais en España a partir do 1 de febreiro?


As entidades de crédito teñen discrecionalidade para decidir se seguen ou non aceptando operacións nos formatos tradicionais máis alá do 1 de febreiro de 2014. A cámara española, que procesa as operacións que as entidades se intercambian por conta dos seus clientes, decidiu non esgotar o período adicional de seis meses e deixará de procesar operacións en formatos tradicionais antes do 1 de agosto. Concretamente, as datas elixidas son o 18 de marzo para operacións de transferencia e o 10 de xuño para domiciliacións. Recomendámoslle dirixirse á súa entidade para obter información precisa acerca do emprego dos formatos tradicionais durante o período transitorio.

Para aqueles que queira ler un pouco sobre o SEPA deixamosvos un par de enlaces:

Folleto informativo SEPA do Banco de España
Portal do SEPA


Como afecta o SEPA a Comunidade de usuarios Tortoreos-Liñares?
Todos aqueles usuarios que teñen domiciliado o seu recibo deberán facer chegar a Xunta Directiva o novo formulario debidamente cumprimentado.
A domiciliación do recibo do 1º semestre de 2013 farase de "xeito tradicional" pero para o envio da remesa do 2º semestre de 2013 será necesario contar cos novos datos.
A Xunta Directiva establecerá os prodementos necesarios para facer chegar esta información a todolos comuneiros e de ser necesario obter as novas domiciliacións.
Na actualidade NON É POSIBLE MODIFICAR NÚMEROS DE CONTA TELEFÓNICAMENTE, esta xa ben sendo a norma da Xunta Directiva dende hai anos que so acepta domiciliacións por escrito.
Aqueles que queiran ir enviando as novas domiciliacións poden facelo do xeito habitual:
  1. correo electrónico, 
  2. correo postal ou  
  3. permanencias na Escola de Chan
No apartado de formularios xa se poden atopar os novos modelos:




Descarga Formularios

No hay comentarios: