martes, 15 de abril de 2014

Analitica "COMPLETA"

As traídas temos que facer unha analítica completa para verificar que tódolos parámetros esteán correctos ademais das "pequenas" ou "normais" que facemos normalmente.
Estas analíticas competas supoñen unha inversión económica importante e cando algún parámetro se desvia do valor adecuado hai que facerlle un seguimento e repetir a analise do mesmo.
Permitideme que lle dea a noraboa a Xunta Directiva polo seu traballo, polas horas invertidas en conseguir uns mananciais limpos, unha rede de distribución correcta, uns depósitos en continua rehabilitación... o final se todo ese traballo non se traduce en auga POTABLE, en agua limpa,  non sirve de nada.

Aqui tendes o resultado de esa "analítica completa", espero que o disfrutedes tanto coma nos.
Os parámetros a analizar están marcados polo Anexo do Real Decreto que tamén podedes descargar.











No hay comentarios: