domingo, 23 de marzo de 2014

Soño cumprido: COXAPOGEST


Un dos soños das Xuntas directivas foi ter un programa de xestión que rematase coas bolsas de plástico cheas de papeles que pasaban dunhas mans a outras cando mudaban os membros das Xuntas Directivas.
A emisión de recibos, as facturas, a xestion administrativa da CUTL precisaba dun software acorde cos novos tempos.
Comenzouse por "destrozar" os software Netfincas Horizontal que é co que hasta día de hoxe xestionase a traída ademáis da coñecida suite Office de Microsoft.
O soño foi tomando forma cando unidas as traídas en COXAPO comenzamos a plasmar sobre un papel as nosas necesidades. Lonxe quedan aqueles días onde se facían esbozos do que cada tráida necesitaba. Non só un software senon un software que calqueira veciño poidese utilizar, sen coñecementos previos de contabilidade, de xestións de remesas bancarias, de programas informáticos,...


Hoxe COXAPOGEST, o noso software xa é unha realidade nas nosas mans, unha realidade que camiña cada día porque coma calqueira proxecto deste tipo crece coas diferentes necesidades. Cada traída é un mundo e inda que camiñamos para cumprir coa lexislación vixente sempre quedan as particularidades de cada quen.
A partires de hoxe cada vez que un novo membro acceda a directiva non terá que pedir a centena de carpetas para repasar a situación legal, económica, administrativa da traída, sinxelamente contará cun usuario e un contrasinal para leelo todo, coñecelo todo.
De igual xeito os comuneiros poderan acceder a tódola información da traída, coma sempre, a única fronteira será a lexislación é en particular a Lei de protección de datos.
Estamos no punto de volcado de tódolos datos e sabemos que será un proceso lento máis que nada porque non temos tódolo tempo que quixeramos para levalo a cabo...aceptanse voluntarios ;)

O programa está "colgado" en internet. Non é necesario ter nada instalado no ordenador, no mópvil ou na tablet. Sinxelamente accedemos a unha páxina web onde se nos pedirá un usuario e unha contrasinal:


Para comenzar, aqueles que quieran coñecer "as tripas" do software poden solicitar un usuario e contrasinal para acceder as duas  version "demo":


  • Como administrador, esto é coma se fose membro da Xunta Directiva e tivese que xestionar tódolos datos da comunidade, facer os recibos, a contabilidade,..
  • Como comuneiro, nesta versión só pode accederse aos datos particulares dun comuneiro e aos documentos compartidos, pero non aos datos particulares dos demais comuneiros (Cumprimento LOPD)
  1. Acceder a web https://www.coxapo.com
  2. Seleccionar COXAPOGEST DEMO
  3. Introducir usuario e contrasinal
Acceder a web coxapo
Introducir usuario e contrasinal

Ademais desta versión de proba comenza tamen a funcionar "a nosa", a da Comunidade de Usuarios de Tortoreos-Liñares. Para esta cada comuneiro pode solicitar o seu usuario e contrasinal para acceder aos sus recibos, lecturas de contador, datos censo, documentos comuns,..


  1. Acceder a web https://www.coxapo.com
  2. Seleccionar Estado da tua auga
  3. Seleccionar As Neves
  4. Seleccionar Tortoreos-Liñares
  5. Facer clic en "Pulsa aquí para acceder a tus datos de socio"
Clic Estado de tu agua
Seleccionar As Neves


Seleccionar Tortoreos-LIñares


    Clic en "Pulsa aquí para acceder a tus datos de socio"

      Esperamos que o tempo nos permita que co vindeiro recibo poidamos enviar por correo os usuarios a cada un dos comuneiros.. pero recalco depende do tempo libre dispoñible da Xunta Directiva para conseguir que o programa estea rematado.

      Estamos seguros que este proxecto axudará a unha mellor xestión da traída pero sobre todo algo que preocupa moito: a transparencia.

      Somos conscientes que non todo o mundo ten acceso a internet. A Xunta Directiva manexa datos do número de comuneiros que manexan habitualmente internet, ben na casa, ben nos seus móviles, ben en locales sociais. Ë un cifra moito máis alta do que nunca poidemos sospeitar,

      Por suposto lembramos a dispoñibilidade do servicio de internet na Biblioteca do Concello de As Neves. Esperamos que co tempo Tortoreos e Liñares teñan un Centro donde os veciños poidan acudir e ter unha conexión a internet e un ordenador.

      Entre tanto seguen abertas as permanencias os primeiros domingos de cada mes na Escola de Chan de 12:30 a 13:30 e sabedes da absoluta disponibilidade dos membros da Xunta Directiva e outros voluntarios que traballan coa XD para amosarvos todos estes datos.

      Por outra banda  celebraranse reunións informativas por zonas para achegar o funcionamento do programa.

      A través deste blog tamen achegaremos vídeo-tutoriales co funcionamento do programa.

      Coma sempre esperamos as vosas opinións, ideas, ....catro ollos ven mais que dous.
      Moitas gracias e a vosa disposición polos medios habituais.


      No hay comentarios: