sábado, 1 de diciembre de 2012

Resposta parlamentaria situación do "Colexio das monxas de Tortoreos"

Unha curiosidade atopada na busqueda de datos sobre o Centenario.
O BNG fai unha pregunta cuia resposta atopamos no Boletin do Parlamento de Galicia:

En relación coa pregunta con resposta escrita núm. 41660, formulada polo
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de dona
María do Carme Adán Villamarín e don Henrique Viéitez Alonso, sobre "a
situación do colexio das monxas de Tortóreos ñas Neves", (publicada
no BOPG núm.: 305, do 3 de setembro de 2010), teño a honra de enviarlle,
para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do
Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

"Pola Sra. Dona Purificación Fontán de Elduayen, marquesa viúva do Pazo
da Merced, outorgouse o 3 de decembro de 1912 escritura pública ante o
Notario Francisco Gamallo Paz (baixo o n° 497 do seu Protocolo) de
fundación dun establecemento benéfico-docente. A dita fundación leva por
nome "Colegio de la Virgen de la Merced', con domicilio en Tortóreos,
concello das Neves (Pontevedra).
O fin fundacional establece a ensinanza cristiá, educación e instrución
completa e gratuita ás nenas, non só da parroquia de Tortóreos, senón
tamén das Neves, Rubios e das nenas pobres das demais parroquias que ao
colexio queiran asistir.
Figuran na escritura fundacional como patróns o Bispo de Tui, como
presidente; o párroco de Tortóreos, como vicepresidente; o abade e o
alcalde das Neves como vogais e os coadxutores de Tortóreos e As Neves
como Secretario e Vicesecretario, respectivamente.

No hay comentarios: