viernes, 30 de noviembre de 2012

ACTOS DE HOMENAXE NO CENTENARIO DA INAUGURACIÓN DOS EDIFICIOS DO COLEXIO «VIRXEN DA MERCEDE».


O pasado día 24 deste mes de novembro tivo lugar na Escola unha xornada de portas abertas, unida aos actos de homenaxe á Marquesa no centenario da inauguración dos edificios que a Fundación creada pola Marquesa do Pazo de La Merced, construídos para fins benéficos dos habitantes desta bisbarra.
A organización destes correu a cargo dunha comisión que presidía a Comunidade de montes de Tortoreos, e da cal participaban outras entidades, entre elas a nosa escola.
Tanto os actos relativos á homenaxe coma as visitas realizadas á escola, na xornada de portas abertas, desenvolvéronse nun clima de grande aceptación por todos os participantes. Podemos destacar a visita á exposición de fotos antigas dos primeiros tempos da Fundación onde, como era de esperar, as xentes que asistiran aos colexios, véndose identificado de nenos, se compracían dos recordos que lles traían as imaxes. Visitaron a Escola unha gran maioría de veciños, que se congratularon de reencontrase coas estanzas onde pasaran gran parte da súa infancia. Tamén asistiron ao acto unha representación da congregación de H.H. Franciscanos que nos seus comezos dirixían a educación no Centro.

A Misa, foi oficiada por D. Verísimo (párroco de Tortoreos), á cal asistiu un gran número de veciños, autoridades e familiares da Marquesa e o Vicario do Sr. Obispo da Diócesis de Tui-Vigo, que é o presidente do Padroado da Fundación. O descubrimento dunha placa conmemorativa dos cen anos, a Conferencia histórica sobre os edificios e a creación da fundación (a cargo de D. Manuel Lamas, historiador), así como a intervención das personalidades no acto foi de gran transcendencia e recoñecido merecemento polo público asistente aos actos.
Para finalizar obsequiouse os asistentes a un viño de honra que con gran despregamento e pericia foi elaborado polas alumnas da Escola, sendo moi comentado a profesionalidade e o bo facer desta escola no tema gastronómico.

Video coas imaxes da EFA A Cancela


Publicar un comentario