lunes, 30 de julio de 2012

TRAIDAS DE AS NEVES

 Empregamos un recuncho desta web para colgar a documentación para as traidas de As Neves. 
Aquí podedes atopar a presentación pasada a .pdf da Xuntanza do 08 de Xullo así coma a lexislación da que falamos e documentación sobre o Canon e o seu cálculo.

Unha vez máis lembrar o positivo que está a resultar para tódalas traídas a nosa unión a través de COXAPO tanto no referente ao intercambio de información, como ideas... lembrade que gracias a esta unión estamos sentados no Consello Nacional da Auga. Por primeira vez as traidas somos interlocutores válidos para a administración.
Para calqueira información sobre COXAPO visitade a sua páxina web o poñedevos en contacto con nos.


No hay comentarios: