sábado, 12 de mayo de 2012

SAN GOOGLE

Permitideme que comparta con vos a miña ledicia, grande, moi, moi, grande.
Hoxe estaba preparando a documentación para Rosa, o membro da Xunta Directiva que vai ler os contadores. Tocaba actualizar fotografias, información e polo tanto subir as novas fotos a Google Earth(obviamente a un arquivo privado, NON PÚBLICO).
 
Alí colgara e actualizo dende hai uns anos fotos de cada acometida e a información correspondente. O certo é que levaba un tempo sen actualizando cando o facer o doble clic topei activo o Street View. Case caio da sila.
O certo é que para as Comunidades con poucos recursos como a nosa poder marcar en Google Earth tubaxes, acometidas, avarias, e toda unha ventaxa pero poder pasearte literalmente a golpe de rato polos camiños isto xa é moi, moi grande.
De feito en moitas das imaxes ata aparecen os contadores e para mostra un botón... son feliz !!!!



No hay comentarios: