miércoles, 18 de abril de 2012

OBRAS VITUREIRA I

Por fin comezaron as obras na Vitureira.
O día non acompaña precisamente xa que chove a chuzos e o vento e impresionante.
As primeiras arquetas en ser "atacadas" foron as que estaban en millores condicions o non estar afectadas polo recheo de hai uns anos.
Estaban completamente cheas de raices.


O segundo paso era atacar as arquetas moi afectadas polo recheo.
Por unha banda o encher o redor das arquetas de terra foi necesario subir a altura das mesmas. O facer esta subida colocaronse uns "aros" de formigon que non encaixaban no seu diámetro cos conos. Nas fotos pódese comprobar millor o efecto.
Por outra banda esta maior altura dificulta o acceso o interior xa que estas arquetas non teñen pasos interiores. As arquetas están cheas de auga estancada. 
Mañán un dos técnicos de COVELO descolgarse dentro da arqueta para proceder o seu vaciado mediante un motobomba.
Elmiminaranse os aros innecesarios e proveerase de pasos as arquetas ademais de colocar "tapas" adecuadas para evitar o acceso ben accidental ben malintencionado .
Todo isto provocará un encarecemento da obra pero esperamos que esta inversión se amortice evitando polo menos  algún dos metros cúbicos de auga que se pagan o Concello.
Como veíamos nas fotos do post anterior sobre a Vitureira algunhas arquetas nin se podían ver pola maleza,
Hoxe a cousa iba así:












No hay comentarios: