jueves, 19 de abril de 2012

Na web da Xunta podemos acceder os Modelos para o Canon e o coeficiente de vertedura.
Comeza o prazo de alegacions que podedes facer dende a propia web.

Fonte: Lei de transparencia

TÍTULO DA DISPOSICIÓN:
Proxecto de orde pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. 




Órgano administrativo:
Augas de Galicia

Obxecto:
Aprobar os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Estado de tramitación:
Trámite de audiencia

Forma de remitir as suxestións:
As suxestións poderán ser formuladas ben vía telemática a través desta páxina web ben mediante escrito dirixido á Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que poderá presentarse en calesquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para enviar o formulario por correo ordinario debe vostede remitilo á:
Augas de Galicia
Praza de Camilo Días Baliño, 7-9
15773 Santiago de Compostela
A Coruña


Formulario
de suxestión, proposición ou recomendación respecto a esta disposición. Ir a >>
 Descargar : Modelos Canon.pdf

No hay comentarios: