viernes, 21 de octubre de 2011

A Comisión Provincial de Seguimento da Seca informa que o abastecemento de auga está garantido ata o mes de xaneiro

Fonte: Xunta de Galicia

Se porá en marcha un Sistema de Información Xeográfica que empezará a traballar a vindeira semana co obxectivo de ter información actual, en tempo real, dos diferentes sistemas de abastecemento así como analizar a súa evolución e por en marcha posibles solucións
As delegacións territoriais de Vigo e Pontevedra contan con información actualizada da situación de cada concello, o que permite que dende a Xunta de Galicia se traballe na busca de posibles solucións aos problemas puntuais que existen na actualidade

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Seguimento da SecaO delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Seguimento da Seca


O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Seguimento da Seca



Pontevedra, 21 de outubro de 2011.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Seguimento da Seca, que está conformada por ambos delegados territoriais, representantes das Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Sanidade; Economía e Industria; Medio Rural; Dirección Xeral de Emerxencias e Interior; Augas de Galicia; Subdelegación do Goberno; Confederación Hidrográfica do Miño – Sil; e Deputación Provincial de Pontevedra.
Na reunión mantida esta mañá os membros da comisión expuxeron e analizaron a situación actual de tódolos sistemas de abastecemento de auga existentes na provincia de Pontevedra, facendo referencia especialmente aos embalses.
A comisión quere informar de que, a día de hoxe, os embalses teñen reservas suficientes para garantir o abastecemento de auga na provincia de Pontevedra ata o vindeiro ano, a pesar de que non están a aumentar os seus niveis de auga. Polo tanto, a situación é preocupante non é alarmante.
A pesar disto, a comisión provincial de seguimento da seca cre oportuno manter as medidas de uso racional e responsable da auga que están a pór en marcha os concellos e pídenlle aos cidadáns que fagan un esforzo para maximizar os recursos existentes.
A comisión tamén informa que existen problemas puntuais de abastecemento de auga en algúns pequenos núcleos de poboación que se abastecen a través de traídas comunitarias.
Como medida de prevención, a comisión está a por en marcha un Sistema de Información Xeográfica, que empezará a traballar a próxima semana. Este sistema permitirá ter información actual en tempo real da situación na que se atopan os diferentes sistemas de abastecemento, así como analizar a súa evolución e por en marcha posibles solucións.
Ademais da información que recollerá o Sistema de Información Xeográfica, os responsables de ambas Delegacións Territoriais, xa se puxeron en contacto con tódolos concellos da provincia para pedir un informe sobre a situación de abastecemento de augas que está a vivir cada un deles. Esta tarefa fora encomendada na reunión autonómica á FEGAMP, pero a tardanza dos datos fixo que a recolección de información se fixera directamente dende as delegacións territoriais.
Así, a día de hoxe, existe información actualizada da situación de cada concello pontevedrés, o que permite que dende a Xunta de Galicia se traballe na busca de posibles solucións aos problemas puntuais que existen na actualidade.
Por último, a comisión é optimista en canto a que a seca non perdure no tempo, xa que, segundo a última previsión meteorolóxica analizada e actualizada de forma constante, a vindeira semana espéranse chuvias abundantes catalogadas como alerta amarela, que mellorarían a situación actual.
A comisión tamén quere pór en pre-aviso aos concellos de Pontevedra para que teñan limpos os sistemas de canalización da augas, tales como alcantarillado e colectores, para evitar que estas chuvias repentinas causen inundacións.

No hay comentarios: