domingo, 16 de octubre de 2011

Bridget Smith: We Must Live!

Para aqueles que queran facer un seguimento da obra de Bridget Smith remitirlles a web da Frith Street Gallery      onde xa se anuncia o traballo We must Live !  feito no noso Concello. As datas previstas do 09 de decembro 2001 ao 11 de febreiro de 2012.
Na biografía da web da galería podemos ler:


"As fotografías de Bridget Smith documentan a construción da fantasía, a arquitectura do entretemento, ambientes creados principalmente para a consecución do pracer. ela está interesada na forma en que se nos presenta o entretemento; a organización e o control que son necesarias para facer as fantasías reais, lugares onde se confunden realidade e ficción. Moitas das fotografías de Smith céntranse nos detalles que interveñen na industria da evasión, o espazo, a iluminación, os efectos da cor e a elección dos accesorios. Todos eles están deseñados para seducir e permitirnos adoptar un novo papel, aínda que sexa momentaneamente. Ela ve o seu traballo como a de alguén cun punto de vista privilexiado desta construción, como un turista observando o seu ámbito sen ter que formar parte del."

Fisherman’s Hangout, Tokomaru Bay 2006, 2010



    

No hay comentarios: