martes, 17 de mayo de 2011

REUNIÓN DAS TRAIDAS DO CONCELLO DE AS NEVES.




 A solicitude da nosa Comunidade (Comunidade De usuarios de Tortoreos-LIñares) o Alcalde convocou o pasado Domingo as once da mañán as Comunidades de Usuarios do Concello de As Neves.
O motivo desta reunión é a de aunar forzas. As Comunidades son responsables do suministro de auga a unha parte moi importante da poboación rural de Galicia.
As Comunidades son xestionadas polos propios veciños e con escasos recursos económicos.
A unión de tódalas traidas é fundamental para non so poder facer un intercambio de información senon poder afrontar conxuntamente as dificultades que se presentan no día a día e que cada un vai resolvendo como boamente pode.
Case tódalas Comunidades teñen que RENOVAR, en datas vindeiras a Concesión de Aproveitamento de mananciais pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Isto non so vaia supoñer un inxente traballo senon unha importante inversión económica.
Son tarefas que sen dúbida algunha afróntanse moito millor en conxunto.
Outro dos motivos da reunión é o plantexamento de formar parte da COXAPO.
A Comunidade de Usuarios de Tortoreos-Liñares xa pertence formalmente a esta Comunidade Xeral de Augas da Provincia de Pontevedra e precisamente por elo quería facer partícipes as outras Comunidades do Concello das posibilidades abertas con esta formación e a necesidade de estar representados ben como Comarca , Condado-Paradanta, ben como Concello, As Neves.
Menos doado está resultando contactar coas Traidas e Comunidades do resto dos Concellos do Condado- Paradanta.
A inexistencia dun rexistro público de datos de contacto fai moi dificil a convocatoria dunha reunión Xeral.
Coma sempre desde esta Comunidades abrimos as nosas vías de contacto para que aquelas traidas que se amosen interesadas en compartir experiencias e información podan facelo.


Tfno:
986.29.36.94

No hay comentarios: