lunes, 13 de diciembre de 2010

O Escudo de As Neves

Imos facendo un pouco de historia.
Segundo publica a Deputaciónde Pontevedra:
Escudo
En campo de azur, a capela de prata, coa súa espadaña; bordura de gules, cargada de oito estrelas de seis puntas de prata. Ó timbre coroa real aberta, e de lema “MUY LEAL ”, conferido a esta vila por S.M. o rei Alfonso XIII, con data 22 de xuño de 1914.
Decreto do Ministerio da Gobernación, de 12 de xuño de 1959 ( B.O.E. nº. 150, del 24-06-59 ).
Expediente de aprobación en trámite na Comisión de Heráldica.

Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Podemos atopalo escudo na Wikimedia:Dende alí, SanchoPanzaXXI ofrecenos a posibilidade de descargalo en varios tamaños.  Por exemplo:

No hay comentarios: