FOTO 2 :::: Celebrarase, esta primeira edición, o vindeiro domingo 5 de Setembro :::::
Trátase dunha festa polpular dedicada ó auga que organiza a Asociación Cultural e Deportiva “ Coto da Cividade” de Tortoreos có afán de ensalzar o traballo de recuperación de antigas fontes públicas que esta parroquia ven desenvolvendo nestes últimos anos a través da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tortoreos.
Deste xeito, a partires das 9 e media da mañá do dito domingo, os veciños e veciñas de Tortoreos e cantos así o desexen, farán un percorrido a pe (ou en “chimpín”, bicicleta, coche ou no que se tercie) por algunhas desas fontes recuperadas; acompañados en todo o traxecto polos gaiteiros “Os Folieiros de Lavadores” de Vigo e rematando a festa no barrio de Santa Mariña onde (para aqueles que non queiran leva-lo seu xantar) haberá polbo e carne o caldeiro a prezos populares, e música pola tarde, con xogos tradicionais (chave, billarda, etc…) e festival de xogos para os cativos.

O percorrido total para esta primeira edición será duns 5,5 Km. (unha pequena parte de traxecto polo que se atopan as fontes recuperadas), e principiará na “Fonte de Sanraboa” no barrio do Rabelo. Dende este punto os camiñantes percorrerán as fontes de “Entre Regueiros” , “Rego”, “Silvares”, “Reguengo”, “Chan”, “Pozo de Redondelo”, “Fonte da Venda” e “Santa Mariña”, por camiño moi bo de andar e case sen tráfico.
Os participantes poderán apreciar o traballo feito nestas fontes e, ademais, facer paradas en cada unha de elas para descansar, probar a súa auga e, ó tempo, contempla-los os adornos colocados polos veciños e veciñas de cada barrio ou lugar para esta ocasión en cada fonte, ou gozar dalgún “petisco” e viños das adegas da contorna que, sen dúbida, ofrecerán ós camiñantes para que continúen o camiño con forza renovadas.
A previsión da asociación “Coto da Cividade” é desenvolver esta festa popular todos os anos coincidindo co primeiro domingo de Setembro para, en cada edición, variar o traxecto a percorrer e poder así visitar todos os barrios e todas as fontes da parroquia de Tortoreos.
Para esta primeira edición a devandita asociación conta coas colaboracións da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tortoreos, Comunidade de Usuarios de augas Tortoreos-Liñares, Concello das Neves, Adegas “ Abadía de Tortoreos”, Adegas “Coto Redondo” de Rubiós, Grupo de gaiteiros e pandereteiras “Saia de La” de Vide e Txiringuito de Santa Mariña.

http://blogs.apeneira.com/condado/2010/09/a-parroquia-de-tortoreos-as-neves-celebrar-a-primeira-edicin-de-o-camio-das-fontes/