Tendes que disculpar o retraso na publicacion das seguintes entradas pero ese reloxo que as veces nos persigue non permitiu que o fisexemos antes. Desculpade o retraso.
Coma anunciamos celebraronse en Estas as Xornadas da Auga. O día 5 celebrouse a Executiva e aproveitamos para darnos unha volta polas instalacións das traídas de Estas que sempre son un exemplo de limpeza e coidado.
A integración das instalacións da traída coa natureza é perfecta. Inda que a tarde de choiva non acompañaba desfrutamos dun estupendo paseo.

A zona lúdica "O Delirio do Poderoso" agacha nas suas entrañas os manaciais que abastecen de auga a parroquia de Estás e deixa na sua superficie a obra dos veciños e do escultor Antúnez Pousa.
Na fonte central atopamos a figura dunha muller que recolle auga na compaña da xa por todos nos coñecida rabilonga (Chioglossa lusitanica)

Na Executiva presentouse o novo logo de COXAPO. Esto permituonos achegegarnos a obra de Carlos Fierro e nos permitiredes que vos deixemos algfunhas das suas impresionantes obras. Foi un pracer poder disfrutalas tan preto.
 |
Imaxe propiedade de Carlos Fierro |
Temos que dar moitísimas gracias a Carlos Fierro polo seu apoio a COXAPO e ao traballo que tódalas traídas facemos.
Para ver o novo logo de COXAPO executado en acero inoxidable por Carlos FIerro podedes acceder ao album no facebook: Logo COXAPO por Carlos Fierro. Deixamosvos unha das suas imaxes como bo exemplo do que podedes disfrutar na sua web e no seu facebook.
 |
Manancial Do Poderoso |
 |
Visita ao Manancial do poderoso |
 |
Manacial |
 |
Visita aos mananciais de Estás |
 |
Depósito Estás |
 |
Sueña por Carlos Fierro |
 |
El Pulmón..2ª parte de Carlos Fierro |
 |
Fuente de Vida por Carlos Fierro |
 |
Equilibrio de Carlos Fierro |
 |
El Amor de Carlos Fierro |
 |
Duplicidad de Carlos Fierro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario