Unha das asignaturas pendentes desta Xunta Directiva era acometer a limpeza e renovacion dos manaciais da Vitureira.
Por fin chegou o día.
A seca tan importante que estamos a sufrir e que fai que levemos TODO O ANO NECESITANDO BOMBEO DO CONCELLO empurrounos a acelerar este proceso,
È imprescindible conseguir auga.
A visita co técnico de Covelo foi moi satisfactoria. As arquetas presentan un aspecto menos deteriorado do que esperabamos e polo menos contamos con recuperar unha das zonas a semana que ven.
Lembramos a todos aqueles que saibades ou teñades na casa maiores que sepan de mananciais nos nosos montes que podamos aproveitar que nolo comunicades para solicitar a Hidrografica eses caudais e poder servir auga para todos.
|
Debaixo hai unha arqueta |
Lembrar que, agora que controlamos case a diario a auga que se consume na traida a través dos contadores do depósito principal,hai que baixar o ritmo de consumo. Hai días que na traida se consumen máis de 600 m3 de auga. Estase controlando calqueira fuga por pequena que sexa.
Por outra e cumprindo co compromiso adquirido na asemblea xeral comezan os controis por barrios e casas para poder deixar claro que é o que sucede co desfase tan importante entre auga enviada e auga contabilizada nos contadores.
Por último a redacción dos novos Estatutos da traída, ferramenta fundamental para o bo funcionamento da mesma e a renovación da concesión está en marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario