
Na biografía da web da galería podemos ler:
"As
fotografías de Bridget Smith documentan a
construción da fantasía, a arquitectura do entretemento, ambientes creados
principalmente para a consecución do pracer. ela está interesada na forma en
que se nos presenta o entretemento; a organización e o control que son
necesarias para facer as fantasías reais, lugares onde se confunden realidade e
ficción. Moitas das fotografías de Smith céntranse
nos detalles que interveñen na industria da evasión, o espazo, a iluminación,
os efectos da cor e a elección dos accesorios. Todos eles están deseñados para
seducir e permitirnos adoptar un novo papel, aínda que sexa momentaneamente. Ela ve o seu traballo como a de alguén
cun punto de vista privilexiado desta construción, como un turista observando o
seu ámbito sen ter que formar parte del."
![]() |
Fisherman’s Hangout, Tokomaru Bay 2006, 2010 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario