domingo, 31 de diciembre de 2017

Axudas Incendios: Pagamentos adiantados

Lembrar a todas aquelas traidas que vindes de solicitar as axudas para afrontar os cuantiosos gastos provocados polos lumes nas nosas comunidades que en novembro a Consellería de Medio Rural publicou a posibilidade de solicitar o pagamento anticipado dunha parte das axudas.




Artigo único. Pagamentos anticipados
1. No procedemento contido no artigo 21, do capítulo VII, relativo ás axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial da Consellería do Medio Rural, poderáse realizar un primeiro pagamento do 50 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención, e non estará obrigado o interesado á presentación de avais, consonte o establecido nos artigos 63.1.dous e o artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Estes pagamentos anticipados realizaranse cando a subvención concedida sexa igual ou superior a 1.000 euros.
DOG Núm. 210
Paxina 51137
Luns, 6 de novembro de 2017















No hay comentarios: