ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA COXAPO
Compartimos a convocatoria desta Asemblea Xeral Extraordinaria pola importancia do seu contido.
Pregamoste que compartas esta información coas Comunidades de Usuarios que coñezas ou coas Asociacións da tua parroquia.
É importante que todos saibamos de primeira man o que está a acontecer para que cada quen poida ter a sua opinión.
Xuntos pola auga |
Cada vez máis a auga estase a converter no ouro azul. Todos os que traballaron duro por sacar adiante a sua comunidade, por levar auga a cada casa da sua parroquia debe saber o que está a acontecer.
Ven, informate:
Data: 29 abril
Hora: 16:00 (1ª
Convocatoria)
Asunto: Non renovación da concesión de caudal as CU de Tui pola CHMS
Lugar:
Auditorio Goián- Tomiño-Pontevedra
A Confederación
Hidrográfica Miño Sil ven de rexeitar a renovación de caudal a traídas de Tui.
Non se da unha solución
aos veciños. Sinxelamente executase a ELIMINACIÓN das SUAS COMUNIDADES.
Coxapo convida
a todos os directivos de comunidades de augas o sábado 29 de abril ás catro da
tarde no auditorio de Goián en Tomiño .
Moitas traídas
descoñecen esta información. Moitos usuarios descoñecen o que está a ocorrer.
Precisamos que
esta información chegue a todas as persoas afectadas. Axúdanos a compartir.
Se coñeces a un
directivo dunha traída, a un directivo dunha asociación, aos directivos da túa
comunidade de Montes, …failles chegar a nosa invitación. Vinde o día 29 de
abril a Goián para recoller toda a información.
Queremos auga
de calidade non un negocio co ouro azul.
E por suposto
GRAZAS, GRAZAS POR AXUDARNOS A SALVAR AS
NOSAS TRAIDAS DE AUGA.
Por favor comparte esta información !!!!
Como chegar ao Auditorio de Goian
******************** *****************
Como chegar ao Auditorio de Goian
******************** *****************
No hay comentarios:
Publicar un comentario