domingo, 3 de abril de 2016

Xornada Sanidade da Auga (Parte I)-Mostra de Cultivos Baixo Miño





Imos ser sinceros. Sábado pola tarde, despois de comer,.. apetece quedar na casa ou sair a dar unha volta sen maís preocupación. 
Por outra banda en Goián- Tomiño celebrase a Mostra de Cultivos Baixo Miño e hai unha charla sobre sanidade da auga de COXAPO... é un pensa...que ben estou na casiña...que pereza...collelo coche...chove...pero... coma dirían na tv.....ERROR... tarde ENORME, sempre , sempre aprendendo. Soltas a pereza e a recompensa foi enorme.






Comenzou a Xornada de mañá, perdemosnos a excelente charla de Fernando Sanchez Salinero, as veces inda que un quere non pode ir aos sitios. Deixamosvos un video da sua intervención e os enlaces as suas redes sociais por se queredes darlle un vistazo.







o resto das suas redes podedelas atopoar en: 

Redes sociais de Superpyme: https://www.youtube.com/user/IDPYME/about


Charla Sanidade da auga 
Pola tarde unha charla sobre a Sanidade da auga na que participaron a Dna Caridad, Técnico en Medio Ambiente de Coxapo, o Sr. Cantero de SEKO e Rafael Carrera presidente de Coxapo.

Os intervintes

Iniciou a Xornada D. Jose María Albán Laguardia presidente da Comunidade de Usuarios de Goián. presentando aos intervintes.


Dona Caridad fixo un percorrido pola importancia da sanidade nas instalacions das traidas amosando espectaculares imaxes do que non debe ser unha instalación de auga e do magnifico traballo que están a realizar as traidas pertencentes a Coxapo para mellorar as suas instalaciòns, sendo algunhas de elas, un referente, un espello, donde mirarnos as demais.


Extracto da intervención de Caridad, Técnica medio ambiente de CoXAPO



O representante de SEKO amosou o novo equipo de cloración que Coxapo está a instalar nas suas traídas. 
Na actualidade 20 traidas contan con este dispositivo de última xeración. 
As decisións tomadas no diseño destes equipos basearonse nas particularidades das traídas galegas, sirva como exemplo que os equipamentos funcionan con 24v en lugar de 220v evitando así as habituais consecuencias das treboadas galegas sobre os equipos eléctricos. (De todos son ben coñecidas: bombas que se queiman, routers inservibles, debido as sobrecargas eléctricas)
Este traballo de campo, este exhaustivo seguimento dos equipos instalados permite obter un excelente rendimento, disminuindo notablemente os costes ao reducir ao mínimo os gastos por exemplo de reactivos.
Explicando dun modo sinxelo estes equipos analizan mediante fotometría o estado da auga, En función do resultado obtido introducen a disolución de cloro nos depósitos gardando un arquivo das medidas obtidas que despois poden ser extraídas cunha memoria usb e volcadas no softwate Coxaposoft para que as comunidades e os usuarios poidan conocer a evolución da temperatura, o ph e o cloro.


Extracto da intervención do representante de SEKO, Sr. Antero.





Para aqueles que queiran saber un pouco máis sobre analizar o cloro en auga mediante a fotometría deixamosvos alguns videos.
Recordarvos que moitos facedes analíticas para coñecer o estado da auga das vosas pisciñas, nos depósitos faise algo "similar".
O procedemento realizado polo clorador e similar ao que podedes ver nos seguintes videos pero automatizado.






(Desculpade a falta de calidade dos videos, o móbil e as mans non daban para mais ;)  )

No hay comentarios: