jueves, 7 de agosto de 2014

Modificacion trazado tubaxe Fontiña (II)

Este foi un deses fin de semanas moi, moi compricados.

Esta semana efectuouse a desconexión da "vella" tubaxe da Fontiña.

Esta zona da traida abasteciase por duas tubaxes. Una de elas atravesaba eidos privados. Das varias propostas escolleuse, pola sua validez técnica e económica, eliminar unha parte da vella tubaxe e conectar as casas por ela abastecidas a nova tubaxe.

Nun traballo previo de campo tratouse de coñecer cales eran as vivendas afectadas pola reforma e cales xa estaban conectadas a nova tubaxe.
Hoxe a Fontiña abastecese por unha única tubaxe, Nos vindeiros días precindirase definitivamente da tubaxe que pasaba por eidos privados.




Comezaron as obras conectando tres casas a "nova" tubaxe.
Pese aos traballos previos de campo o fin de seman atopámonos cun grave problema en Pias e en tres vivendas da Fontiña. 
Estes casos deixan ver dunha maneira terriblemente terca a importancia de coñecer por onde pasan as nosas tubaxes, a que tubaxe esta enganchada cada casa é a importancia da colaboura de tódolos veciños nestas probas que as veces poden resultar terriblemente pesadas.








Permitidenos deixar constancia do noso agradecemento aos traballadores de COVELO
Sei que moitos ao leer este comentario teran pensamentos do tipo "para iso lles pagan". Pois ben, cando te toca pasar por estas situacions, cando sabes o dificil que é que un profesional acuda a arranxar unha avaria, un sábado ou un domingo, e non unha avaria precisamente pequena senon unha desas que non sabes cantas horas durara e que precisa dalgo mais cunha chave e un anaco de tubaxe,..  das por moi boas estas palabras. 
Permitimenos agradecer a Enrique a sua labor encomiable coa nosa traída, a sua paciencia, o seu bo facer. 
Por suposto o noso agradecemento a tódolos demais traballadores de COVELO: Sobral (ao que lle desexamos unha rápida recuperación), Alejandro, Carmen ,....a todos e cada un de eles.
Moitos de nos somos traballadores e supoño que entenderedes na sua xusta medida o noso comentario. Pensade en vos como traballadores.



Gracias, Enrique, te escollemos para representar o noso agradecemento a todos vos. Faillo chegar a todos os teus compañeiros,

Voltando a nosa obra.
A situación de partida era a seguinte:



O proxecto "eliminar" a tubaxe que denominaremos "vella",que pasaba por eidos privados. A dificultade radicaba en saber que casas estaban conectadas a esa tubaxe.
Para elo realizaronse varias probas pechando o abastecemento en diferentes días xa que como finalmente comprobamos a memoria e fraca a alguns dos veciños que lembraban estar conectados a tubaxe "nova" realmente estaban conectados a "vella".














Para aqueles que coñecen a traída non é preciso explicar a peculiaridade da zona da Fontiña. Algunha das súas casas atopase en cota máis alta que o depósito co problema que isto supon no abastecemento cando o depósito non está completamente cheo.
Para axudar a solventar estes problemas instalouse unha ventosa que permite controlar o aire das tubaxes desta zona.





Como deciamos a memoria e fraca e as probas previas, o traballo de campo, non impediu que xurdise unha nova necesidade.
O sábado pola mañan houbo de facerse un bypass na zona final para abastecer a duas casa da Fontiña e as PIas.





O trazado co  bypass quedou do seguinte xeito



O domingo procedeuse a limpeza do filtro dun dos contadores que por atoparse tupido non permitía o paso da auga coa suficiente presión.

A derradeira conexion realizouse no barrio da Fontiña o luns 04 de agosto



Unha das asignaturas pendentes da traida rematouse este vran. Agardemos que as melloras efectuadas ademais de evitalo paso por eidos privados melloren o abastecemento dos sufridos veciños do barrio da Fontiña.
Como sempre desculparnos por todolos inconvintes causados e agradecer a total colaboura dos veciños da Fontiña e PIas Cando todos traballamos xuntos tirando no mesmo sentido e moito máis doado facelas cousas.
Graciñas por estar pendentes do grupo do whtasapp, por achegarvos a facelas probas, pola paciencia,.. GRACIASSSSSS
Por suposto pregamos que ante calqueira incidencia se contacte coa Xunta Directiva para coa maior brevidade solventala.

Aproveitamos para lembrar duas cousiñas:

  • o vindeiro mes de setembro a permanencia da secretaría, por forza maior, cambia o día 14 de 12:30 a 13:30 coma sempre na Escola de Chan.

  • E por favor todos aqueles veciños que mudaron os seus teléfonos por favor, facilitadeos a Xunta Directiva. Moitos dos teléfonos fixos desapareceron e eran os que figuraban no censo da Comunidade, O teléfono é o xeito máis rápìdo para comunicarnos.

No hay comentarios: