viernes, 8 de agosto de 2014

MAPAS XUNTA

O 18 de Xullo a Xunta presentou un novo portal con interesantisimos contidos para a traída.
Moitos empregamos google maps, google earth e a pouca cartografia que se atopa libre por internet para fdacer os nosos mapas.
O interesante do portal (inda non tivemos moito tempo para investigalo a fondo) e que recolle información que antes atopabase espallada.
Deixamosvos o links por se vos apetece dar unha volta por este novo espazo:



Podedes atopar a información sobre a presentación da Xunta no seguinte enlace:


Santiago, 18 de xullo de 2014.- A Xunta xa dispón dun Sistema de Información Xeográfica corporativo (SIX) que xestiona baixo un mesmo sistema toda a información xeoespacial da Administración autonómica. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe a xornada técnica na que se presentou esta plataforma, cuxa porta de entrada é o portal mapas.xunta.es, e na que tamén se informou da posta en marcha da nova web de planeamento urbanístico de Galicia.
Ethel Vázquez explicou que “estamos a falar dun esforzo sen precedentes no que a organización e accesibilidade da información xeográfica se refire, grazas ao traballo conxunto do Instituto de Estudos do Territorio e a Amtega, que fixo posible que, desde hoxe xa estea, desde un único punto de acceso, un volume de información total de 5,62 terabytes”.
A conselleira de Medio Ambiente precisou que “concretamente no apartado do centro de descargas neste momento están dispoñibles para a cidadanía preto de 32.200 mapas que forman parte de 21 series cartográficas, entre os que, por exemplo, se atopa o mapa de estradas totalmente actualizado coa variante de Noia en servizo”.
O punto de acceso a esta plataforma é o portal mapas.xunta.es, que integra nun único sitio a información, as ferramentas e as utilidades para o traballo diario coa información xeográfica de Galicia. Cabe destacar a posta a disposición de todos os cidadáns dun punto de entrada único coa información xeográfica, un contido que irá medrando día a día.
Esta plataforma está formada por unha gran variedade de aplicacións e ferramentas que facilitan a adquisición, manexo e difusión dos datos con compoñente xeográfica necesarios para as tarefas diarias dos departamentos do Executivo autonómico. Segundo explicou Vázquez, “estamos a falar dun exemplo de transparencia na xestión das administracións públicas e aposta pola participación cidadá, por facilitar o intercambio de información e coñecemento nun terreo tan sensible como é o territorio”.
Ethel Vázquez sinalou que “esta plataforma é unha aposta pola excelencia na xestión da información xeográfica, un sistema de información xeográfico corporativo pioneiro que, por certo, vén de obter o recoñecemento do líder a nivel mundial en sistemas de información xeográfica, a compañía estadounidense ESRI, por diante de outras 30 propostas nacionais e preto de 100.000 candidatas a nivel mundial”.
A directora da Amtega indicou que “un sistema de información xeográfica comprende tres aspectos: unha plataforma tecnolóxica específica, a produción de datos xeoespaciais e os procedementos para a produción, clasificación e difusión dos mesmos”.
Mar Pereira explicou que “a Xunta precisaba dunha fonte única e fiable de información territorial e xeográfica, que evitase que cada consellería ou organismo traballase con información illada e sen as ferramentas de apoio precisas”. Así, engadiu que “non duplicamos os esforzos para producir e manter a mesma información e conseguimos optimizar os investimentos en desenvolvementos informáticos e licenzas de produtos comerciais”.
Para a responsable da área tecnolóxica da Xunta, “unha das principais vantaxes que ofrece o SIX é que permitirá orientar a toma de decisións do Goberno galego en base a un coñecemento máis exhaustivo de como están distribuídos os recursos no territorio, o que redundará nun mellor deseño das políticas globais da Administración autonómica”.
Destinatarios
A plataforma SIX vai dirixida a persoal técnico cualificado no eido da planificación e xestión do territorio ( ordenación do territorio e urbanismo, estudos do medio natural e do medio rural); empresas que desenvolven aplicacións con compoñentes xeográfica (informáticos); e cidadanía en xeral que necesite obter información xeográfica, mapas, fotografías aéreas.

A tipoloxía dos destinatarios da información xeográfica e servizos dispoñibles en mapas.xunta.es é tan variada, debido a que na plataforma existe información que vai dende servizos web, a empregar por persoal con certa cualificación, a mapas de uso frecuente para os cidadáns.
Obxectivos
A plataforma SIX permite a xestión da información xeográfica da Xunta de Galicia durante todo o seu ciclo de vida a través dunha fonte única e fiable de información territorial e xeográfica. Esta nova plataforma tratará, almacenará e difundirá datos xeoespaciais das diferentes consellerías baixo un mesmo sistema. Deste xeito, favorécese a eficiencia no gasto público, e evita a duplicación de esforzos, tempo e recursos económico e garántese a homoxeneidade e a calidade a información e a súa dispoñibilidade a terceiros: outras administracións, cidadáns e empresas.

Aplicacións Prácticas
O SIX proverá á Administración galega de datos estatísticos e cartográficos territorializados sobre equipamento, servizos, recursos naturais, topografía ou elementos do patrimonio que facilitan o diagnóstico, a análise, avaliación de deseño de políticas locais e rexionais cunha visión territorial e estratéxica.

Entre as aplicacións prácticas que esta ferramenta permite realizar cunha maior precisión están, por exemplo, a planificación de infraestruturas, a xestión de emerxencias, a creación servizos no contexto do medioambiente; a análise de patróns de comportamento da sociedade; plans de recuperación, situación e difusión do patrimonio ou o posicionamento xeográfico de recursos e servizos, entre outras.
Para o funcionamento deste sistema e todas ás súas utilidades, traballan máis de 15 técnicos na produción da información e outros 5 máis na xestión da plataforma SIX. Este equipo traballa coa AMTEGA na Oficina Técnica SIX (OTSIX) e co departamento de sistemas.
Nova web de planeamento
Nesta xornada técnica tamén se presentou unha nova ferramenta web da Xunta, o Sistema de Información Urbanística e Ordenación do Territorio de Galicia (SIOTUGA). Este sistema plantéxase como unha plataforma para facilitar e axilizar o acceso da cidadanía e dos actores que participan no urbanismo e a ordenación do territorio na comunidade á información e aos servizos.

O SIOTUGA é a evolución da anterior web de información urbanística de Galicia cara a un verdadeiro Sistema de Información Territorial, baseado en tecnoloxías dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e orientado á Web e a Internet. Ofrece importantes melloras no deseño e as funcionalidades, como o visor SIX e a páxina de información do estado do planeamento urbanístico en Galicia.
As melloras deste novo sistema de información urbanística poden clasificarse en melloras relativas á tecnoloxía e melloras relativas á información. Entre estas melloras destacan:
• A integración de toda a información urbanística de Galicia nunha base de datos común con capacidades espaciais.
• A xeorreferenciación da ordenación municipal e a posibilidade de visualización en visores SIX superposta sobre mapas base: ortofotos, imaxes de satélite e información catastral entre outras.
• A Visualización e consulta de información relativa aos recintos de clases e categorías do solo nun punto do territorio.
• A integración da información urbanística e de ordenación do territorio na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG) para o cumprimento dos requisitos da Directiva INSPIRE.
• A modernización da arquitectura tecnolóxica empregada, orientada a servizos web e uso en diferentes dispositivos (PC, tabletas e teléfonos intelixentes) con diferentes navegadores soportados.
• A distribución na Internet da información de planeamento urbanístico e a posibilidade para os concellos de publicar esta infomación nas súas páxinas web corporativas mediante o uso de conectores aos servizos do SIOTUGA.


No hay comentarios: