domingo, 27 de julio de 2014

Estas na Auga 2014 (II).

Na xornada do 10 de xullo na Casa da Cultura de Tomiño interviron:

  • Elvira Iñiguez Pichel Administradora auotonómica SINAC Galicia- Conselleria de Sanidade
  • Ruth Castro Nogueira Directora Laboratorio Lema&Bandin
  • Jose Leonardo Goberna Lorenzo  Director Laboratorios Goberna
Imonos deter na intervención de Dona Elvira Iñiguez.
Lembrar que e de sumo interese tanto para as xuntas directivas das Comunidades coma para os usuarios a realización dos cursos de Manipulación de Auga. Tódolos comuneiros deberían pasar pola Xunta Directiva das Comunidades así que a sua formación é imprescindible pero a maiores que os comuneiros coñezan o funcionamento das suas traídas e estean formados sobre a auga e como traballar con ela permitirían ter unha agua de calidade e por suposto coidar moito máis o noso medioambente.




Elvira Iñiguez Pichel Administradora auotonómica SINAC Galicia- Conselleria de Sanidade

Permitideme comenzar disculpándome pola calidade das imaxes. Teño que agradecer as novas xeracións das traídas a sua paciencia e adicación. Gracias a Carlos García Ferreiro (un rapaz) polas imaxes do evento en Estás.
Elvira Iñiguez comezou a sua intervencion recordando a importancia da calidade da auga. E ben coñecido por todos nos os comentarios dos usuarios indicando que se ata agora se bebía auga dos manancias e nada sucedeu non ten porque pasar agora.

IMG_0953_A.jpg
Ilustración 1 Composición da auga
Debemos lembrar a cantidade de focos de contaminaciòn das nosas augas e a importancia de controlar o seu estado e de desinfectala como medida de prevención.

IMG_0955_A.jpg
Ilustración 2 Contaminantes da auga
Ilustración 3 Efectos dos contamiantes na saude
Os posibles contaminantes da auga son:

  • Contaminantes microbiolóxicos: salmonella enteriditis, escherichia coli,….suelen producir enfermedades agudas
  • Contaminantes químicos: Nitratios e nitritos, cromo, mercurio, aluminio,…enfermedades a longo prazo


Para evitalas infeccions microbiolóxicas é necesaria a desinfección da auga. Que a auga seña transparente e indora non garante o seu bo estado.
Ilustración 4 Incorporación contaminantes ao auga
Posibles causas contaminación:

  • Actividades domésticas, industriais e agrícolas (contaminación micorbiolóxica ou química, purins e fitosanitarios)
  • Contacto da auga co chan en función dos terreos que atravesa pode solubilizar novas sustancias coma magnesio, nitratos, nitritos, arsénitos, metales pesados,...


A auga convertese así nun vehículo de infección:

  • Por Inxestión de auga contaminada
  • Por contaminación hídrica dos alimentos
  • Por contacto cutáneo mucoso
  • Mediante vectores ( insectos,..)

Lembrouse a lexislacion de aplicación en materia de augas de consumo:

O Real Decreto 140/2003 de 7 de febreiro  polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade de auga de e de obrigado cumprimento para as instalación que abastecen a máis de 50 persoas ou suministren máis de 10m3 de auga pero estar excluido da obrigatoriadade non implica non controlar o estado da nosa auga.

Ilustración 5 Lexislación augas

Para garantir un ha auga con unha calidade sanitaria deberase.

  • Coñecer a calidade da auga nas captacións
  • Mantemento instalacions
  • Prevención: coñecer cales son os riscos do noso abastecemento, identificar os riscos de contaminación, evaluar os riscos, estableces un plan de control dos mesmos,…
  • Formación, a adecuada formación dos responsables do abastecemento permitirá cumprir cos anteriores requisitos.
  • Controis periódicos da auga


A continuación identificáronse os protagonistas no control da calidade da auga así como as responsabilidades e función de cada un de eles.


Ilustración 6 Xestores
Ilustración 7 Autocontrol Xestores

Ilustración 8 Laboratorios
En relación coa solicitude do Informe Sanitario ben para unha nova concesión ben para a novación amosouse o acceso a documentación na páxina web da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia:



Ilustración 9 Web da Conselleria de Sanidade

Accedemos ao apartado: INNOVACION E XESTIÓN DA SAUDE PÚBLICA


Ilustración 10 Link de acceso o apartado INNOVACION E XESTIÓN DA SAUDE PÚBLICA

Dentro deste apartado facemos clic en: SANIDADE AMBIENTAL

Ilustración 11 Apartado Sanidade Ambiental
Ilustración 12 Detalle enlace Sanidade ambiental
Unha vez neste apartados facemos clic en: AUGAS DE CONSUMO
Ilustración 13 Augas de consumo

A partires deste punto o ideal e navegar polos diferentes apartados e coñecer as ferramentas que a Conselleria pon a nosa disposición para mellorar a calidade da augas dos noso abastecementos.
Se o que queremos e acceder a Solcititude do Informe sanitario faremos clic en: Informes sanitarios en legalización de captacións e nos proxectos de nova construción

Ilustración 14 Acceso solicitude informe sanitario

Dentro deste apartado podemos acceder a: Modelos solicitude de informes sanitarios
Ilustración 15 Modelo informe sanitario

A continuación Dona Elvira amosou a renovación do Sistema de Informacion Nacional da Auga de Consumo (SINAC).
O uso de esta aplicación online permite os xestores dos abastecementos volcar tódala información necesaria para o control dos mesmos e os ciudadanos acceder os datos sobre a calidade da auga que consumen.
Para que as nosas Comunidades podan estar rexistradas no SINAC deberán solicitar a Tarxeta Criptográfica xa que o SINAC é un sistema online e precisa da identificación do usuario para permitirle o acceso a configuración e “subida” das analíticas.
Na páxina da Consellería podemos atopar información ao respecto dentro do apartado AUGAS DE CONSUMO. Facemos clic no enlace Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC)
Ilustración 16 Acceso información SINAC


No apartado adicado ao SINAC ademais dun enlace para acceder a aplicación atoparemos a información necesaria para dar de alta tanto o usuario coma as zonas de abastecemento. Permitideme facer un inciso para agradecer a Dona Elvira a sua paciencia e bo facer cando din a alta da nosa Comunidade. Non é un proceso complexo pero estar acompañado en todo momento do administrador autonómico é impagable.
Ilustración 17 Información SINAC

Ilustración 18 Web do SINAC


Dona Elvira explicou a estructura do SINAC e o seu funcionamento. Non me vou a extender facendo un resumo posto que está accesible na web da Conselleria de Sanidade:


Ilustración 19 O SINAC
Ilustración 20 Quen ten que usar o SINAC?

Ilustración 21 O SINAC
Ilustración 22 Competencias no suministro de auga


Ilustración 23 Funcinamento do SINAC

Ilustración 24 Rexistro analíticas no SINAC
Ilustración 25 Melloras nova versión SINAC

Este é un pequeno resume da interesantísima intervención de Dona Elvira Iñiguez Pichel nas IV Xornadas da Auga en Estás.
Invitamosvos a que participedes nas vindeiras Xornadas e por suposto nos Cursos de Manipulador de Auga que vimos organizando regularmente dende COXAPO

Outros enlaces de interese:




No hay comentarios: